Comezamos cunha pequena historia, trata sobre un bichiño raro que está a pasear por aí fóra e que chega a alborotar o noso rabaño...
Sabedes o que faremos? Ummmmm!! Teredes que ver o seguinte vídeo ata o final. Descobre o que acontece!
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
2 DE ABRIL
Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil que se celebrou o pasado 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
23 DE ABRIL
Outra das celebracións deste mes de abril, é o día do libro. Como todos os anos festéxase o 23 de abril.
A súa orixe remóntase ao ano 1926. O 23 de abril de 1616 falecían varios famosos escritores, Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de La Vega.
Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e tamén aos seus autores, así afoutar entre todos, e en particular á rapazada, a descubrir o pracer da lectura da man dun bo libro cunha chea de historias e aventuras.
Queres saber máis? Bótalle unha ollada ao seguinte vídeo con algunhas curiosidades.
Queres saber máis? Bótalle unha ollada ao seguinte vídeo con algunhas curiosidades.
Podes deixar os teus comentarios neste blog máis abaixo, no espazo habilitado. Cal é o libro que máis che gusta? Por que? Leremos e publicaremos todas as suxestións que nos fagas. Anímate a escribir! Que non che dé vergoña!
Lembra que nestes días, ao non poder ir ao cole, podes seguir a lectura dende a túa casa a través das aplicacións Ta-Tum da editorial Edelvives e tamén coa aplicación Elbe2. Poderás atopar nelas unha morea de libros en formato dixital de diferentes temáticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario