venres, 20 de decembro de 2019
CORO DO CEIP JULIO GURRIARÁN - PANXOLIÑAS 2019
PANXOLIÑA: IMOS CANTAR O NADAL
CANCIÓN: QUE BONITO ES QUERER
mércores, 18 de decembro de 2019
FELICITACIÓN DO NADAL
Os profes de música, xunto cos todos os alumnos e coa colaboración de todos os profes,realizaron unha adaptación da canción Que bonito es querer de Manuel Carrasco para toda a comunidade educativa. Disfrutade con ela e
Feliz Nadal!!!
martes, 10 de decembro de 2019
RECIBIMOS A VISITA DE SUSA HERRERA!
O pasado mércores recibimos unha
visita moi especial no noso cole que nos puxo a bailar e cantar a todos. Ela é
Susa Herrera, mestra da área de “didáctica da expresión musical” da
Universidade de Santiago de Compostela (entre 1988 e 1990) e da Universidade de Vigo (dende 1990
ata 2017) e cunha experiencia docente ininterrumpida dende 1982.
Nesta ocasión acudiu ó noso
centro como cantautora para amosarnos algunhas das cancións rítmicas incluídas na
súa obra “En Cabárceno rugidos y canciones” (2015).
Neste día, o alumnado de educación primaria e de sexto curso de educación infantil atendemos ó ritmo profundizando na
aprendizaxe de diferentes animais como foi o caso da Mona de Xibraltar, sendo esta a única da súa especie
que vive en liberdade en Europa. Velaquí deixamos un anaco de vídeo para amosar un pequeno exemplo.
(AÑADIR VÍDEO).
Estivemos tan atentos que soubemos seguir o ritmo á perfección, atendendo en todo momento as indicacións de Susa.
Ó remate houbo quen se animou a
subir ó escenario para facer unha última canción con Susa e, mesmo fixemos unha foto xuntos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
CLUB DE LECTURA: DESPEDIDA
Xa case rematando o curso , tamén chega a despedida do noso Club de lectura Paseniño. Nos despedimos ata o vindeiro curso, onde sen dúb...
-
MARATÓN DE LECTURA: LUISA VILLALTA A nosa biblioteca recibíu esta mañá á nosa comunidade educativa, para coñecer e ler un pouco máis sob...
-
Os nenos e nenas de 4 anos realizaron, nesta semana de entroido, un obradoiro de cociña, coa colaboración e participación dos avós e avoas....