venres, 23 de febreiro de 2024

23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía Pequeniña interpretada 
polos alumn@s de Educación Infantil









Temos na nosa bibio  "Rosalía Pequeniña" con CD para ler, contar e cantar


 



Poema de Rosalía "Eu ben vin estar o moucho" cantado por Migallas






















BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 
 
LIBRO DE POEMAS DE ROSALÍA (Preme aquí)
 
POESÍA E MÁIS POESÍA: SEMPRE ROSALIA!!!






VIAXE POLAS AULAS

Os libros infantís de Rosalía: Adiós Ríos Adiós fontes e Rosalía de Castro, Escolma poética viaxaron polas aulas para facer  unha lectura colectiva das poesías escollidas

     

LIBRO DE POESÍA REALIZADO POLOS ALUMNOS



Pinchar na imaxe






Rosalía de Castro foi unha poetisa e novelista  que escribiu tanto en galego como en castelán e que é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.
Para saber mais da súa biografía e obra podemos consultar os seguíntes enlaces


Obras:
   Poesía
  •   Cantares Gallegos: o libro consta de 36 poemas  de diversa temática: costumista,o amor,o intimismo e social-patriotismo. 
  •   Adiós Rios Adiós Fontes: poema de Rosalía e voz de Lucía Pérez












Uxía canta a Rosalía "Meu canto"


Astarot canta Airiños Aires




 Rosalía na nosa biblioteca

Portada de Rosalía de Castro. Escolma poética
(Pincha nas imaxes para saber dos libros)

xoves, 22 de febreiro de 2024

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS de 2ºB AS LENTELLAS BAILARINAS

Lentellas bailarinas en gaseosa: experimento de flotabilidade

Os alumnos de 2ºB continuan a facer experimentos científicos moi interesantes.  Nesta ocasión realizaron o experimento das  
 Lentellas bailarinas
Experimento 
O dióxido de carbono disolto nas bebidas carbonatadas é 
capaz de facer bailar lentellas e garavanzos sen necesidade de música. 
Descubre como e experimenta coa densidade e a flotabilidade da forma máis sinxela e divertida. 
Preparando o experimento
 
Materiais:

        - Calquera bebida carbonatada clara, como auga con gas ou refresco.
       -  Un vaso de auga.
       -  Unhas lentellas e garavanzos.
        - Unha botella alta de vidro ou refresco.
Procedimento:

   -  Poñer unhas lentellas e garavanzos en auga. Verás que se afunden ata o fondo e quedan alí.
    - Meter as leguminosas nun vaso alto cheo de refresco ou simplemente bótaas na botella.
    - Observa o que pasa.
-  Formaranse burbullas na superficie das leguminosas e despois duns segundos subirán á superficie do líquido.
-  Unha vez arriba as burbullas estalarán e as leguminosas volverán ao fondo e comezarán de novo. 
- O baile durará uns minutos.
 
Aquí recollemos os videos dos experimentos 
 

 






venres, 9 de febreiro de 2024

FOLIÓN ENTROIDO CEIP P. JULIO GURRIARÁN

 

 Os nenos e profes de Educación buscando na biblio, atoparon  o libro 

"É tempo de Entroido",

 

E a partires desta lectura, crearon o seu propio Boteiro,

 e fixeron un Folión moi divertido, 

acompañando ao Boteiro con 

instrumentos musicais.

 Aquí tedes o Video. 

                                    Viva o Entroido!!!!

 

                     

 

xoves, 8 de febreiro de 2024

COCIÑAMOS COS AVÓS- 4º DE INFANTIL- ENTROIDO 2024

 Os nenos e nenas de 4 anos realizaron, nesta semana de entroido, un obradoiro de cociña, coa colaboración e participación dos avós e avoas. 

Fixeron: galletas e rosquillas, e non quedou nada! Como a man dos avós e avoas na cociña… ningunha !!

Despois otorgámosllle o diploma por haber participado e amosado as súas habilidades culinarias.

                   Moitas gracias avós!!!! 💕💕💕💕💕

          Preme na foto e verás un vídeo da actividade,

 

 
 
 
Aquí tedes tamén as fotos