A editorial Edelvives pon a nosa disposición "Ta-tum", unha plataforma para o fomento da lectura dos alumnos na que podemos ler libros de forma gratuita ata o mes de xullo. Desta forma, a editorial segue amosándose como un instrumento de apoio ós centros, favorecendo a continuidade e o interese para a lectura a través desta ferramenta dixital.
1º: Entramos na páxina: https://ta-tum.com/#welcome
2º: Clicamos sobre rexistro.
3º: Pinchamos sobre alumno.
4º: Ó clicar, atoparemos unha páxina de rexistro na que cubrimos os nosos datos, incluimos o seguinte código de acceso: ta-tumAtuLado, aceptamos o aviso legal e a política de privacidade e clicamos sobre crear.
5º: Xa estamos dentro, non precisamos vincularnos a unha clase, só temos que pinchar sobre as 3 barras e despois sobre libros, como se ve a continuación:
XA PODEMOS ACCEDER A TODO O CATÁLOGO!