luns, 26 de outubro de 2015

Recursos para traballar o Samaín



Recursos para traballar o Samaín - Halloween recopilados polo equipo da biblioteca  na rede:

Cortos de Disney                      

O baile dos esqueletos

A casa encantada de Mickey
Trick or Treat
   POCOYO HALLOWEEN Cancións:                                    
Corre,corre cabaciña

Os esqueletos
  TRILLER DE MICHAEL  JACKSON   Contos:
A bruxa regañadentes OQO Editorial

O SAMAÍN


O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.

venres, 23 de outubro de 2015

Actividades do día das Bibliotecas escolares








 
Para celebrar o Día das Bibliotecas escolares fixemos distintas actividades:
  • marcapáxinas 
  • lectura do conto do Moucho sabio
  • e entre todos os nen@s do cole decoraron a árbore da biblioteca  con castañas e cabazas nas que escribiron  e mesmo debuxaron un lugar o que lles gustaría viaxar ou o medio de transporte que usarían. ¡Mirade que xeitosa nos quedou!.





martes, 20 de outubro de 2015

Día das bibliotecas escolares


O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas escolares.Este ano o lema"Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.

Fonte:bibliotecas escolares de Galicia.

domingo, 11 de outubro de 2015

Actividades Día Internacional sobre a Violencia de Xénero

Os nenos e nenas do cole acudiron o Concello a escoitar diversos manifestos lidos polos compañeiros dos institutos do Concello.








xoves, 8 de outubro de 2015

Contrato axudantes de biblioteca

Esta semana firmaron o contrato os axudantes de biblioteca deste curso.
Estes son os seus compromisos e funcións
Que terei que facer como axudante?

  • Comprometerme con responsabilidade durante todo o curso.
  • Se algún día non podo ir,buscarei a outro compañeiro ou compañeira e trocareille o día de garda,avisando tamén a un mestre do Equipo de Biblioteca.
  • Nada máis entrar na biblioteca poñerei o distintivo de axudante.
  • Farei o meu traballo con atención,seguindo as instruccións do mestre de biblioteca.
  • Sempre usarei as boas maneiras:non me enfadarei nin rifarei cos demais.
Nas miñas gardas de biblioteca axudarei a...
  • Facer cumplir as normas.
  • Colocar correctamente no seu andel os libros seguindo a CDU.
  • facer préstamos se é preciso.
  • Gardar os libros estragados na caixa do "Hospital para libros".
  • Comprobar que os xogos quedan recollidos e os ordenadores e luces apagadas.
  • Facer as actividades que me piden os mestres do Equipo de biblioteca ( decoración ,plantillas,etiquetas...)
Se teño algunha dúbida preguntarei os mestres de biblioteca:
  • Mª Luz (música)
  • Mª José ( infanil )
  • María (1º EP)
  • Mónica (2ºEP)
  • Inma (3º EP)
  • Mª Angeles ( 4º EP )
  • Raquel ( 6º EP )
  • Sonia ( Relixión )
  • Nacho ( Coordinador do Proxecto Edixgal )



domingo, 4 de outubro de 2015

2015: ANO INTERNACIONAL DO SOLO



En 2015 conmemórase o Ano Internacional dos Solos co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión sobre a importancia deste recurso non renovable para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas. 


O solo é un recurso non renovable e fundamental para a vida no planeta Terra. As plantas, que están na base da cadea alimentaria, precisan do solo para asentarse e medrar. E son necesarios 200 anos para formar cada centímetrode sustrato. Incendios forestais, secas, riadas e a acción do home están a erosionar os solos e poñer en perigo a biodiversidade.




Ideas para salvar o solo 
Canto sabes sobre os solos?
Sabes cando se celebra o Día dos Solos?
O solo, protagonista dun cómic divulgativo do CSIC


Álbum realizado polo Estudio Tangaraño para o Consello da Cultura Galega. Está editado dentro da colección "Ciencia para todos" (nº2) que se coordina desde a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade desta institución. Pretende amosar aos máis novos a problemática medioambiental do solo e a necesidade de protexer este recurso. Podes descargalo no web do Consello da Cultura Galega

FICHA TÉCNICA
Galicia, 2000
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: C-1309-2000
ISBN: 84-95415-32-1
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book


Día Mundial dos Animais




O 4 de outubro celebramos o Día Mundial dos Animais.Nesta data celebramos a vida animal en calquera das súas formas.

Artigos  na rede


Contos de animais

El pequeño conejo blanco

Os sete cabritos
Los tres cerditos
Cancións
El gorila

No cole imos traballar poemas de animais de Manuel María.