Para seguir celebrando o Día da Terra neste 22 de abril, dende Bibliogurriarán facemos unha pequena suxestión por se queredes usar dende as vosas casas. Catro aplicacións con diversa infromación sobre este día tan especial.
Nooddle ofréceche unha listaxe de receitas saudables e orixinais cos alimentos que podes ter na casa. Así poderás comer mellor e sen desaproveitar comida.
Segundo a FAO, considera que arredor dun tercio dos alimentos do mundo pérdense e se desperdician.
Sabes canta auga gastamos os españois na ducha? 9200 millóns de litros ao día! Segundo datos da OMS, dedicamos aproximadamente 8 minutos e medio en cada ducha cun consumo medio de 20 litros ao minuto. É dicir, cada 8 minutos consumimos unha media de oito cartóns de leite dun litro todos xuntos e por persoa.
A aplicación Hydrao Smart Shower permite establecer límites de consumo e avaliar o aforro.
En qué contedor do lixo se botan as luvas? E as máscaras de cara? Seguramente teñas algunhas dúbida á hora de tirar certos produtos ao lixo. Curiosamente, o confinamento incrementou o interese dos españois por reciclar correctamente.
Segundo os datos facilitados por Ecoembes, confirman que os cidadadáns neste tempo fixemos máis consultas sobre a forma correcta de reciclar.
Mostrámosvos unha aplicación que nos axuda a saber en que contedor do lixo se tira cada refugallo.
Para axudarnos a ser conscientes do que consumimos, presentámosvos a Yuka. Esta aplicación aporta simplicidade e transparencia para comprender as etiquetas dos produtos nun so clic.
Para iso usa un código de cores moi sinxelo que indica a calificación: excelente, bo, mediocre ou malo. Ademais, podes acceder a unha ficha para ver en detalle a avaliación de cada artigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario