Este mes de novembro, temos un montón de conmemoracións importantes. O día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha das máis importantes. Aquí tedes a páxina proposta por Bibliotecas Escolares.
CLIA 2019: CONSELLO LOCAL DA INFANCIA E ADOLESECENCIA
Con motivo da celebración o vindeiro mércores 20 de novembro do Día Internacional da Infancia, o Teatro Lauro Olmo do Barco acolleu un acto de celebración e conmemoración cos alumnos de primaria de todos os centros de O Barco. A partir das 11 horas,
As investigacións centráronse en analizar a evolución dos xogos, os traballos, a escola e a comunicación desde os anos 40, e ata chegar á actualidade, tratando de determinar as razóns destas mudanzas. O acto organizado polo Concello no Teatro Lauro Olmo dará a oportunidade aos escolares de compartir neste acto o seu traballo e de relacionalo cos dereitos da infancia, na conmemoración do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.
No acto estarán presentes o alcalde do Barco, Alfredo García, e o concelleiro de Servizos Sociais, Orlando Saavedra, e contarase como mestres de cerimonia coas integrantes no Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) do Barco, creado a principios deste ano. Elas guiarán a xornada e exporán os avances que levan feito e, ademais, explicarán como entenden a participación no municipio, segundo se adianta dende o Concello do Barco.
Os nenos do noso centro presentaron o seu traballo de investigación sobre a historia dos medios de comunicación dende os anos 60 ata a actualidade. Entrevistaron a xornalostas locais para informarse, recollémolo no seguinte vídeo:
O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas. Todos os nen@s e profes visitaron a nosa biblioteca. Decoramos a árbore da biblio con nenos e lecturas, pos o lema de Bibliotecas escolares neste curso e BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA, creado polo ilustrador Óscar Villán. O cartel nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. Situacións que contribúen a crear ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as novas xeracións.
Cada curso nos trouxo o seu debuxo para a decoración, e visitaron a biblioteca, onde as alumnas de 6º lles contaron contos clásicos e levaron como agasallo un marcapáxinas. Tamén arrancaron as Mochilas viaxeiras de 6º de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.