martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024: CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN


DÍA DA PAZ 2024
Mañá MARTES 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz.
No Colexio faremos a carreira en favor da ONG Save the Children como acto simbólico de Paz.
Poñeremos unha caixa no exterior do Colexio para recoller os donativos voluntarios que os nen@s e as familias queirades aportar para Save the Children. 
 
 
Puede ser una imagen de 6 personas y texto
 Puede ser una imagen de 4 personas y texto
 
 
 
Neste vídeo recollimos a actividade da Carreira Solidaria
 
 


DÍA DA PAZ 2024 :CANCIÓN VIVAN LAS MANOS DE COLORES #bibliotecacreativa

Xaneiro é o mes no que conmemoramos o Dia da Paz. 
Durante este mes, fixemos variadas  actividades relacionadas coa Paz:

Canción: Vivan las manos de colores

 Aproveitando o libro "LA DANZA DE LAS MANOS" de Hervé Tullet, 


co que estiveron a traballar os alumnos de Educación Infantil, buscamos nas redes cancións relacionadasco tema. Atopamos unha canción que se titula "Vivan las manos de colores" de Hapening, e nos animamos a cantala no patio do cole.



#bibliotecacreativa

venres, 26 de xaneiro de 2024

Día da Paz 2024: "Valentina no cine"

 

PELÍCULA "VALENTINA" (CHELO LOUREIRO - GOYA Á MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN 2022) - MARUXAS DE NATA
Esta mañá, os nosos alumn@s tiveron a sorte de poder ver no Teatro Lauro Olmo a película "Valentina" da directora galega Chelo Loureiro, galardoada co Premio Goya 2022 a mellor película de animación.
 
Trátase dun agasallo que recibimos porque a nosa alumna Bianca García del Pont de 5ºA gañou o pasado Curso o Premio de debuxo "Eu tamén son diferente" (organizado pola empresa galega Maruxas de Nata). 
 

Valentina é unha nena con síndrome de Down e a película conta unha preciosa historia chea de ilusión, superación , integración e respecto. Ademáis soan unha chea de bonitas cancións que fixeron as delicias dos nenos e nenas que saíron encantados da proxección.
 
E como agasallo sorpresa tivemos tamén ocasión de ver e posar co propio Premio Goya acadado pola película o pasado ano, ademáis dunha lata chea de ricas galletas Maruxas de Nata para cada nen@ (galletas poucas chegarían a casa! 😅), marcapáxinas e algún CD coas cancións da película para escoitar no Colexio.
 
 Moitas grazas a Maruxas de Nata, aos Premios "Eu tamén son diferente" e a Chelo Loureiro por achegarnos esta marabillosa e emotiva historia.
Grazas tamén ao Concello do Barco por facer posible desfrutar desta película en pantalla xigante.