Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de maio de 2025

INTERNET SEGURO



 Aquí tedes  unha breve descripción dos pasos a seguir á hora de navegar por internet de maneira segura,  elaboradas pola profesora de inglés, Maite.



martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


ACTIVIDADES DA BIBLIO

  • Decoración da biblioteca
  • Traballamos o lema: "Aprender a pensar coa biblioteca"
  •  As mochilas viaxeiras comezan a súa andaina polas familia.


  •  Decoramos murais da biblio
  • Visita a biblioteca e préstamos de libros relacionados co tema







CONCURSO DE MICRORRELATOS E POESÍAS RELACIONADOS CO SAMAÍN:




xoves, 8 de outubro de 2015

Contrato axudantes de biblioteca

Esta semana firmaron o contrato os axudantes de biblioteca deste curso.
Estes son os seus compromisos e funcións
Que terei que facer como axudante?

  • Comprometerme con responsabilidade durante todo o curso.
  • Se algún día non podo ir,buscarei a outro compañeiro ou compañeira e trocareille o día de garda,avisando tamén a un mestre do Equipo de Biblioteca.
  • Nada máis entrar na biblioteca poñerei o distintivo de axudante.
  • Farei o meu traballo con atención,seguindo as instruccións do mestre de biblioteca.
  • Sempre usarei as boas maneiras:non me enfadarei nin rifarei cos demais.
Nas miñas gardas de biblioteca axudarei a...
  • Facer cumplir as normas.
  • Colocar correctamente no seu andel os libros seguindo a CDU.
  • facer préstamos se é preciso.
  • Gardar os libros estragados na caixa do "Hospital para libros".
  • Comprobar que os xogos quedan recollidos e os ordenadores e luces apagadas.
  • Facer as actividades que me piden os mestres do Equipo de biblioteca ( decoración ,plantillas,etiquetas...)
Se teño algunha dúbida preguntarei os mestres de biblioteca:
  • Mª Luz (música)
  • Mª José ( infanil )
  • María (1º EP)
  • Mónica (2ºEP)
  • Inma (3º EP)
  • Mª Angeles ( 4º EP )
  • Raquel ( 6º EP )
  • Sonia ( Relixión )
  • Nacho ( Coordinador do Proxecto Edixgal )



mércores, 8 de abril de 2015

15 DE ABRIL: VISITA DE FERNANDO MÉNDEZ

 VISITA DO AUTOR FERNANDO MÉNDEZ


Os alumnos de 5º e 6º de Primaria recibirán en breve a visita de Fernando Méndez, autor da obra "Nunca guardes las cosas rotas", e que tanto lles gustou aos nosos nenos.

 BIOGRAFÍA
Fernando Méndez (1964), periodista e escritor español nado en Buenos Aires. É un dos periodistas de investigación máis premiados de España. Recibíu, entre outros,o Premio Nacional Reina Sofía de Periodismo e o  Premio Xunta de Galicia sobre Drogodependencias. Nos seus vintecinco anos de experiencia profesional traballou nos diarios Faro de Vigo e La Región, nas áreas de xudicial, sanidade y sociedade. Colaborador de prensa, radio e TV, foi xefe de prensa e director de comunicación en diferentes institucións de Galicia. É máster en Drogodependencias e miembro de FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España).


OBRA:


  • "CUATRO ESQUINITAS TIENE MI CAMA" : Obra ganadora del I Premio “Ramón Puga”, Radio Ourense Cadena SER, a la mejor novela en 2014.

Cuatro esquinitas tiene mi cama - Humor espiritual












  • NUNCA GUARDES LAS COSAS ROTAS: VI Premio de Novela Ciudad de Almería


RESUMEN DO LIBRO 

Sebas viaxa en tren coa súa nai en plena Guerra Civil. De pronto algo se rompe nas súas vidas e o que para él era un mundo de inocencia e cariño énchese ahora de cousas descoñecidas: É certo que non soio morren os vellos?. A guerra é unha enfermidade contaxiosa?. Pódese subir polas paredes e escalar ata as estrelas?. Por qué aos roxos lles chaman «roxos» se non visten de roxo? Quen pon sacos de fariña na  rúa para os soldados? . Sebas non ten a ninguén a quen decirlle «papá», pero a súa nai ten un «gran amigo»: MI GENERAL, o soldado máis importante de toda a Guerra Civil Española.  Aínda que iso ninguén debe sabelo. Un segredo que unirá aos tres máis alá do amor da guerra, a non ser que alguén descubra quen se oculta tra-la foto rota. Unha novela que nos traslada ao lugar máis maravilloso: as profundidades da inocencia infantil, nos territorios onde reina o  máis puro sentimento.




LIBRO  PARA FERNANDO Pincha no título

Os alumnos de  5º e 6º de Primaria agasallaron a Fernando cun libro cheo de agradecemntos e debuxos dos personaxes do libro


mércores, 1 de outubro de 2014

Biblioteca escolar.....matemática!!!





Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe