xoves, 22 de decembro de 2022

LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

 Engadimos os seguintes títulos para que poidas ler no Nadal ao quentiño.  Felices Festas a Tod@s!!!!!


Libros recomendados para os alumnos /as de 2º E.P: 




BO NADAL !!!




CARTAS PARA OS REIS MAGOS

 Hoxe é un día moi especial, temos a visita dos Reis Magos. Por iso, os nosos alumnos/as prepararon as súas cartas con moita alegría e emoción.

OS ALUMNOS/AS DE 5ª DE E.I


OS ALUMNOS/AS DE 2º DE E.P


Están moi emocionados!!


venres, 16 de decembro de 2022

VERA, A GAÑADORA DO CONCURSO "XÓVENES E MAIOIRES" NA CATEGORÍA DE REDACCIÓN

 O periódico "La Región", organiza un concurso de redacción dirixida aos avós e na que poden participar os alumnos/as do segundo ciclo de primaria. 

Vera Rodríguez González, foi premiada cun terceiro premio pola súa carta dirixida ao seu bisavó. Unha historia moi emotiva, onde nos conta a vida tan dura do seu bisavó, que como tantos mozos, tivo que emigrar a Brasil en busca dunha vida mellor.



Moitísimas Felicidades por tan merecido premio!!! 


xoves, 15 de decembro de 2022

POSTAIS DE NADAL DE HARRY POTTER

    O Nadal está a chegar, xa se poden observar as rúas, casas e árbores decorados para gozar destas datas tan sinalas. Por iso,  para dar a benvida ao nadal, no centro organízanse distintas actividades como: lecturas, bailes, obras de teatro e decoración de postais, entre outras.
     

    Así, os nosos alumnos/as de 6º  decoraron as súas propias postais relacionadas con Harry. E así de chulis quedaron: 







Moi bonitas!!




venres, 9 de decembro de 2022

LECTURAS RELACIONADAS CO NADAL

 

Cada día, os alumnos poden gozar dos libros que temos na pequena biblioteca de infantil. Pódense sentar e relaxarse nos sofás de cores ou nas cadeiras observando os diversos contos. Nestes días, a temática esta relacionada coa festividade de Nadal.



                                        




CANTO LLES GUSTA!!




venres, 25 de novembro de 2022

25 DE NOVERMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 PROPOSTA  DA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR  O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O 25 de novembro é o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller onde se denuncia a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo. 

Para conmemorar este día, decoramos os pasillos do centro con carteis de mulleres extraordinarias, mulleres que destacaron por diversas facetas ao longo da historia. 

Outra proposta que se expón dende bibliteca, e dado que a temática é sobre Harry Potter, é a elaboración dun mural coa coprotagonita Hermione en representación de todas as mulleres. A actividade consta da elaboración dunha etiqueta en cartolina de cores.  Cada clase,  deberá escribir unha palabra na cartolina relacionada coa "NON VIOLENCIA" e despois decorala e recortala con formas. 

Ao finalizar, cada unha das palabras pegaranse no noso mural de Hermione. 

OS ALUMN@S DE 6º DE E.I: 


OS ALUM@S DE 5º E.I: 




No mural foron colocadas as palabras de todos os alumn@s do centro. Que bonito quedounos!!


Tamén se levaron a cabo lecturas relacionadas coa temática: " CO BO TRATO E A IGUALDADE NO BARCO DE VALDEORRAS" 




luns, 21 de novembro de 2022

O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

 

O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Este día, é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e as nenas do mundo. Así, levaron a cabo distintas actividades: 

OS ALUMNOS DE INFANTIL:

- Cada nen@, decorou o seu boneco e repasou o dereito que lle tocou.Tamén elaboraron unhas bolas cos dereitos dos nenos e nenas. Despois colgámolas nunha árbore, como podedes ver: 





OS ALUMN@S DE 2 DE PRIMARIA: 

Traballaron sobre os distintos dereitos  e os colorearon. Que chulis!!!


venres, 18 de novembro de 2022

CONTO: "A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"

 

Esta semana os alumnos de 5º de E.I. puideron disfrutar da lectura do conto:  

"A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"

Visitounos unha mamá da clase que quixo compartir connosco este conto tan divertido!!!






Gustoulles moitísimo o conto, falamos do que pasaba, dos personaxes...

Aquí déixovos o conto: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/system/files/castanharisa.pdf

Ao finalizar coloreamos unha escena do conto e fixemos un caracol cunha castaña. Mirade que chuli quedou:


Moitas grazas por compartir connosco este conto!!


venres, 11 de novembro de 2022

SEMANA DO MAGOSTO

 

Dado que a festividade do Magosto é tan importante na nosa comarca, realizamos distintas actividades ao longo da semana co noso alumnado. Léronse contos, adiviñas, poemas, lendas, entre outros. 

Os alumnos/ as de 6º de E.I estiveron traballando o conto " O apalpador e a castaña". Primeiramente escoitaron o conto e despois o miraron en pequeno grupos.

                                   


Ao finalizar, colocaron as letras para formar a palabra "CASTAÑA" e fixeron un acróstico.






Os alumnos da aula de 3º A, estiveron traballando adiviñas, poemas, entre outros, sobre o Magosto. 












Tamén os alumnos de 3º B uníronse a esta proposta cas súas adiviñas, poemas: 






Outra proposta que levamos a cabo, foi que cada aula decorase o seu cono co escudo da escola á que pertencen para recoller castañas. Que divertido !!!











Para finalizar a semana, propuxéronse distintos xogos moi divertidos tanto para Ed. Infantil como para E. Primaria. E por suposto, disfrutamos dun rico bocata e de castañas asadas. Que rico!!!