Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracions. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracions. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de febreiro de 2025

luns, 24 de febreiro de 2025

ROSALÍA DE CASTRO


En recursos recollemos  os libros infantís de Rosalía que viaxaron polas aulas. Xabier de 6º de infantil recitounos "Adiós Ríos, adións fontes"








No cole celebramos a Semana de Rosalía na que recitamos poemas e fixemos marcapáxinas.Tamén elaboramos un boletín informativo sobre esta autora.


23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO

CANCIÓN NEGRA SOMBRA 
Negra sombra de ceip.gurriaran






Preme arriba para ver os libros de Rosalía

Rosalía Pequeniña interpretada 
polos alumn@s de Educación Infantil







Temos na nosa biblio  "Rosalía Pequeniña" con CD para ler, contar e cantar


 



Poema de Rosalía "Eu ben vin estar o moucho" cantado por Migallas






















BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 
 
LIBRO DE POEMAS DE ROSALÍA (Preme aquí)
 
POESÍA E MÁIS POESÍA: SEMPRE ROSALIA!!!






VIAXE POLAS AULAS

Os libros infantís de Rosalía: Adiós Ríos Adiós fontes e Rosalía de Castro, Escolma poética viaxaron polas aulas para facer  unha lectura colectiva das poesías escollidas

     

LIBRO DE POESÍA REALIZADO POLOS ALUMNOS



Pinchar na imaxe






Rosalía de Castro foi unha poetisa e novelista  que escribiu tanto en galego como en castelán e que é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.
Para saber mais da súa biografía e obra podemos consultar os seguíntes enlaces


Obras:
   Poesía
  •   Cantares Gallegos: o libro consta de 36 poemas  de diversa temática: costumista,o amor,o intimismo e social-patriotismo. 
  •   Adiós Rios Adiós Fontes: poema de Rosalía e voz de Lucía Pérez












Uxía canta a Rosalía "Meu canto"


Astarot canta Airiños Aires




 Rosalía na nosa biblioteca

Portada de Rosalía de Castro. Escolma poética
(Pincha nas imaxes para saber dos libros)

venres, 26 de xaneiro de 2024

Día da Paz 2024: "Valentina no cine"

 

PELÍCULA "VALENTINA" (CHELO LOUREIRO - GOYA Á MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN 2022) - MARUXAS DE NATA
Esta mañá, os nosos alumn@s tiveron a sorte de poder ver no Teatro Lauro Olmo a película "Valentina" da directora galega Chelo Loureiro, galardoada co Premio Goya 2022 a mellor película de animación.
 
Trátase dun agasallo que recibimos porque a nosa alumna Bianca García del Pont de 5ºA gañou o pasado Curso o Premio de debuxo "Eu tamén son diferente" (organizado pola empresa galega Maruxas de Nata). 
 

Valentina é unha nena con síndrome de Down e a película conta unha preciosa historia chea de ilusión, superación , integración e respecto. Ademáis soan unha chea de bonitas cancións que fixeron as delicias dos nenos e nenas que saíron encantados da proxección.
 
E como agasallo sorpresa tivemos tamén ocasión de ver e posar co propio Premio Goya acadado pola película o pasado ano, ademáis dunha lata chea de ricas galletas Maruxas de Nata para cada nen@ (galletas poucas chegarían a casa! 😅), marcapáxinas e algún CD coas cancións da película para escoitar no Colexio.
 
 Moitas grazas a Maruxas de Nata, aos Premios "Eu tamén son diferente" e a Chelo Loureiro por achegarnos esta marabillosa e emotiva historia.
Grazas tamén ao Concello do Barco por facer posible desfrutar desta película en pantalla xigante.
 


























































































 

luns, 16 de outubro de 2023

DÍAS DAS ESCRITORAS 2023

 O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.    

 

 Trátase de recuperar a obra e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia. A primeira edición celebrouse en 2016, e desde entón, a data escollida é sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario da morte de Teresa de Jesús.

Cada ano temos un tema escollido especificamente para a ocasión.  A actividade está comisariada en cada edición por un escritor de recoñecido prestixio, proposto polas tres institucións organizadoras.

A actividade principal desenvólvese no salón de actos da BNE e é unha lectura continuada de entre 20 e 25 textos escritos por mulleres e seleccionados pola comisaria. Os lectores son seleccionados entre o comisario e as tres institucións que colaboran na actividade.

En palabras de Ana Santos Aramburo, directora da BNE “recuperamos as palabras de escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxo traballo, en moitas ocasións, foi ignorado. Rescatar a súa voz hoxe é un acto de xustiza e recoñecemento para todos eles”.

 "Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visibilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

Aquí tedes os textos de Marta Sanz

xoves, 30 de xaneiro de 2020

           30 DE XANEIRO: DÍA DA ILUSTRACIÓN



Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Cándido Fernández Mazas, artista e escritor que, na súa curta vida, tivo unha produción prolífica que lle levou a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións Pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de monicreques.
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun complemento da escrita.
Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Xulia Pisón, autora do cartel deste ano do que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas, astronómicas ... 






xoves, 1 de novembro de 2018

VÍDEO DE SAMAÍN-HALLOWEEN

Recollimos nun vídeo as actividades realizadas en colaboración do Departaemnto de Inglés e o auxilair Allen Edge Taylor, que presentou un contacontos sobre o Halloween no seu país



























































































COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe