luns, 20 de abril de 2020

Luz Pozo: unha gran poetisa galega


Dende Bibliogurriarán, a biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Julio Gurrirarán Canalejas, expresamos o noso profundo pesar polo pasamento de Luz Pozo Garza. É por iso, que queremos facerlle unha pequena homenaxe lembrando a súa vida e tamén a súa xenialidade poética plasmada en diferentes exemplares literarios. 

Luz Pozo, nome literario de Dolores Elvira Pozo Garza é unha importante autora de obras bilingües, tanto en castelán como en galego. Ademais pertenceu á Real Academia Galega dende 1950, entrou a esta institución con só 28 anos, e nomeada membro un 29 de novembro de 1996.
Naceu un 22 de xullo de 1922 na vila costeira da Mariña Lucense de Ribadeo, situada ao norte de Galicia preto de Asturias e da Praia das Catedrais. 

Viviu os seus primeiros anos na súa vila natal, e ao pouco tempo trasladouse a Viveiro, outra vila da Mariña Lucense. En 1936 viaxou á cidade de Lugo, e despois tras a detención do seu pai polas forzas nacionais, desprazouse coa súa familia a Marrocos, onde residiu ata os 18 anos. Rematou o bacharelato e diplomouse en piano, e anos máis tarde realizou os estudos de maxisterio e filosofía e letras na Universidade de Oviedo. 

 A súa riqueza poética, compaxina obras tanto en castelán como en galego, iniciouse en 1949 con 'Ánfora', e conta cunha extensa produción que, dende 1976, decántase preferentemente cara o galego, ata a súa última entrega no ano 2013 'Sol de medianoche' , onde recupera o castelán como lingua de expresión literaria. 

A súa tarxectoria poética foi recoñecida en distintas ocasións con galardóns como a Medalla Castelao en 1995, o Premio Celanova en 2001, o Premio Laxeiro en 2013, o Premio Trasalba en 2019. En 2018 foi nomeada filla adoptiva de Viveiro, onde a Escola de Idiomas leva o seu nome, e en xaneiro de 2020 foi recoñecida filla predilecta do seu Ribadeo Natal. Ademais a Real Academia Galega rendiulle unha homenaxe, co gallo do seu 95 aniversario, en xullo de 2017. No acto recitáronse versos da súa autoría dez poetas de distintas xeracións. 



 



Ningún comentario:

Publicar un comentario