venres, 31 de maio de 2019

mércores, 29 de maio de 2019

BITÁCORA DE VIAXES: COTOS DE LEÓN

Os alumnos de 3º e 4º foron de excursión ao Coto de León, realizando numerosas actividades moi divertidas.



CONVIVENCIA CHOLO E NELA 2019


Os nosos alumnos de Ed. Infantil viaxaron a Trives xunto con nais, pais e profes, convivindo nunha experiencia chea de obradoiros, xogos, e cancións, xunto con outros nenos , familias e profes doutros centros.





CHOLO E NELA NA VOZ DE GALICIA.Preme aquí

CHOLO E NELA EN O SIL. Preme aquí

martes, 28 de maio de 2019

VISITA DE LEDICIA COSTAS 2019


Un ano máis Ledicia costas veu a presentarnos o seu libro A señorita Bubble aos alumnos de 5º e 6º de Primaria. Despois dunha divertida charla pasamos a firma dos libros na biblioteca.

                   Moitas gracias pola túa visita Ledicia!!!!!

Resultado de imagen de a señorita bubble ledicia costas gallego




xoves, 23 de maio de 2019

TEATRO BERGIDUM: 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL




Os alumnos de Ed.Iinfantil viaxaron a Ponferrada ao Teatro Bergidum para ver a divertida obra de teatro "Historia de un calcetin












luns, 20 de maio de 2019

OBRA DE TEATRO: LOS TRES CERDITOS


As alumnas de 5º A de Primaria e colaboradoras da biblioteca, interpretaron unha obriña de teatro adaptada para os seus compañeiros de infantil e primaria de "El lobo y los tres cerditos". Noraboa rapazas!!!!!






xoves, 16 de maio de 2019

OBRADOIRO CICLO DA AUGA: 4º INFANTIL



Os alumnos de 4º de Ed. Infantil e 1º de Primaria recibiron a visita de Soraya, nai de dous dos nosos alumnos para celebra o Día da Auga, cun obradoiro sobre o ciclo da auga. Moitas gracias Soraya!!!

luns, 13 de maio de 2019

ANTÓN FRAGUAS: LETRAS GALEGAS 2019







A Primavera das Letras de Antonio Fraguas xa está en marcha. A Real Academia Galega abriu o pasado 28 de febreiro en Cerdedo-Cotobade, terra natal do protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas, a nova edición do proxecto web que fornece de materiais lúdicos e didácticos a comunidade educativa de infantil e primaria, dispoñible nesta ligazón: https://academia.gal/primaveradasletras.
Desde que arrincou en 2016, a comunidade de usuarios e usuarias de Primavera das Letras non deixou de medrar, pero aspiramos a que sexan aínda moitos máis. Por iso lle solicito a súa colaboración na difusión desta iniciativa entre o corpo docente do seu centro e os membros da ANPA para que se sumen a ela se aínda non o fixeron, ou que volvan un ano máis a compartir connosco este camiño de celebración das Letras Galegas que pretende ir máis alá do 17 de maio.
A traxectoria do profesor e antropólogo Antonio Fraguas, o seu universo vital e os moi diversos aspectos da cultura de noso que estudou durante décadas, desde a toponimia, as cantigas e as romarías ata a arquitectura popular, centran as actividades interactivas e fichas descargables que se irán presentando ao longo das vindeiras semanas neste espazo web.
As actividades están interrelacionadas con distintos contidos do currículo escolar para facilitar un enfoque globalizador e interdisciplinar e a súa utilidade en calquera momento. Deste xeito, poderanse traballar na aula contidos de literatura galega, a expresión oral e escrita, aspectos relacionados coas ciencias da natureza, as ciencias sociais ou a educación artística e a creatividade máis aló do 17 de maio.
Os usuarios de Primavera das Letras dispoñen tamén, no apartado de "Na Rede", de ligazóns a distintos contidos relacionados con Antonio Fraguas accesibles na Internet.
Outro eixe fundamental de Primavera das Letras é o concurso Contádenos o voso Día das Letras, co que pretendemos coñecer, divulgar e premiar o labor que desenvolven os centros de ensino arredor da celebración do Día das Letras Galegas.
Alén de Primavera das Letras, lembrámoslle que a web da Academia, academia.gal, ofrece na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Antonio Fraguas e outros contidos que se irán publicando ao longo de todo o ano.
Un saúdo moi cordial,

 PRIMAVERA DAS LETRAS: ANTÓN FRAGUAS

Preme na imaxe


SEMINARIO GALÁN

SEMINARIO GALÁN: ANTÓN FRAGUAS

Preme na imaxe