venres, 28 de outubro de 2022

SEMANA DE HALLOWEEN

 

 

A TEACHER:

 SARA ÁLVAREZ CARRERA

LEVOU A CABO AS SEGUINTES 

ACTIVIDADES COS SEUS 

ALUMN@S: 




A semana do luns 24 de outubro ao venres 28 de outubro realizáronse no centro diferentes actividades relacionadas con Halloween, incluíndo a celebración do día das bibliotecas escolares, que foi o mesmo luns 24, no cal xa se deixou constancia ao alumnado de que a temática da biblioteca deste ano sería a de Harry Potter e o seu universo. 

Nas horas de plástica propúxoselles aos seguintes grupos a elaboración dun marcapáxinas: 
- Segundo de Primaria A -
Segundo de Primaria B
- Terceiro de Primaria A -
Terceiro de Primaria B
- Cuarto de Primaria Ao

Devandito marcapáginas tiña que ser decorado coa temática de Halloween, creando un propio monstro ou criatura, facer unha adaptación de algo xa coñecido, ... 

O resultado destas pequenas obras de arte é o seguinte: 
Segundo A: 







(Óscar no vino el día que hicimos los marcapáginas pero lo hizo el
miércoles 26)
Segundo B:



Tercero A:





Tercero B:




Cuarto A:



A continuación farase constancia dos obxectivos que se pretendían obter coa actividade, que afortunadamente, na súa maioría total cumpríronse.

2. OBXECTIVOS A ALCANZAR

- Potenciar a creatividade do alumnado, co uso dunha temática que sempre resulta rechamante para eles e elas, que neste caso é Halloween.
- Utilizar distintos métodos de pintura e de debuxo: uso de ceras, lapis de cores e rotuladores para o desenvolvemento da actividade.
- Fomentar a imaxinación, facendo que pensen en que criatura queren crear a partir dos seus propios gustos.
- Participar activamente en todo momento e chegar ao resultado desexado.
- Desenvolver os conceptos de cooperación e de compañeirismo, ao ser aulas cunha diversidade de mentes, pódense axudar e en todo momento ser atendidos pola profesora.
- Establecer unha comunicación directa, na cal quede claro o que se quere conseguir coa actividade.
- Promover a autonomía do alumnado e facerlles sentir seguros e seguras de si mesmos e mesmas, facéndolles ver que o seu traballo é importante.
- Ter claro que a motivación é o latexado de cada actividade, exercicio, etc.

3. BENEFICIOS PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR

a) Ter un marcapáginas de creación propia pode axudar á hora de querer ler máis e de ter un interese maior na lectura.
b) Todo o que estea relacionado coa lectura pódese levar ao ámbito educativo, xa sexan as conmemoracións ou celebracións anuais, como Halloween, Nadal, Semana Santa, ...
c) Cando o alumnado fai unha actividade orixinal sempre é beneficioso en todos os factores, xa que se un neno ou unha nena está contento/a realizando unha actividade, os índices de éxito para a mesma son maioritarios.
d) O ir á biblioteca escolar co seu propio marcapáginas e ver un libro que lles chame a atención e levarllo a casa e compartilo coa súa familia, é un momento especial.
e) Ver cada vez que abran as páxinas dalgún libro, algo que crearon eles/as mesmos/as failles sentir importantes.
f) Unha vez que o alumando afaga ir á biblioteca e a ler, converterase nun hábito saudable para o seu desenvolvemento cognitivo e emocional.

4. CONCLUSIÓNS

1. Considero un acerto facer en todo momento algo relacionado coa lectura, todo o que leve ao alumnado a unha atmosfera lectora é unha boa elección.
2. A creatividade, a imaxinación e a motivación teñen que ir sempre da man.


5. UNHA REFLEXIÓN final

Ve á biblioteca e atoparás un lugar para soñar, abre un libro e coñece novos mundos e le, serás máis feliz.


OUTRAS ACTIVIDADES QUE LEVARON A CABO


Traballouse a temática de Hallowen a través de cancións, adiviñas, contos como:











mércores, 26 de outubro de 2022

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

º                                            
 
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022.  "A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR , e  quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento. aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración. 


Para celebrar o dia das bibliotecas escolares no noso centro contamos coa visita especial de Harry Potter, desde a estación de Hogwarts. Os nenos de cada aula visitaron a biblioteca para coñecer o mundo de maxia de Harry, onde nos  contou un pouco da súa historia e animos aos neos a subir a biblio e ler e escribir historias relacioandas coa súa vida.
 
Querendo enlazar o lema das Bibliotecas escolares BiblioTEcuida co  mundo de Harry Potter, pois os nosos alumnos son moi aficcionados as súas aventuras, o equipo de biblioteca propuxemos facer un pequeno proxecto sobre Esta temática

CLUB DE LECTURA: DESPEDIDA

    Xa case rematando o curso , tamén chega a despedida do noso  Club de lectura Paseniño. Nos despedimos ata o vindeiro curso, onde sen dúb...