Amosando publicacións coa etiqueta Día das Escritoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Escritoras. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de outubro de 2023

DÍAS DAS ESCRITORAS 2023

 O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.    

 

 Trátase de recuperar a obra e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia. A primeira edición celebrouse en 2016, e desde entón, a data escollida é sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario da morte de Teresa de Jesús.

Cada ano temos un tema escollido especificamente para a ocasión.  A actividade está comisariada en cada edición por un escritor de recoñecido prestixio, proposto polas tres institucións organizadoras.

A actividade principal desenvólvese no salón de actos da BNE e é unha lectura continuada de entre 20 e 25 textos escritos por mulleres e seleccionados pola comisaria. Os lectores son seleccionados entre o comisario e as tres institucións que colaboran na actividade.

En palabras de Ana Santos Aramburo, directora da BNE “recuperamos as palabras de escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxo traballo, en moitas ocasións, foi ignorado. Rescatar a súa voz hoxe é un acto de xustiza e recoñecemento para todos eles”.

 "Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visibilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

Aquí tedes os textos de Marta Sanz

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe