viernes, 29 de abril de 2016

Día máxico



O 29 de abril os nenos de infantil tiveron unha unha visita moi especial:o mago Victor Noir.Os nenos e nenas pasáronno moi ben cos seus trucos de maxia.

Libros da nosa biblioteca

Actividades mes do Libro


  • Expositor de libros de Don Quijote.
  • Lectura colectiva do libro Mi vecino Cervantes.












  • Elaboración de marcapáxinas.

  • Elaboración de cadros e murais.



VÍDEO DO MURAL DE EL QUIJOTE







jueves, 28 de abril de 2016

Actividades día mundial da saúde


Neste curso contamos con varios exemplares dos Bolechas no que ensinan os nenos a comer vexetais para promover unha alimentación saúdable.
No cole participamos un ano máis no plan de consumo de froita na escola.

domingo, 24 de abril de 2016

Burbujas de Papel






O 21 de abril os nenos e nenas de infantil foron a Ponferrada a ver a obra de teatro Burbujas de papel.
Foi un espectáculo cheo de música, danza e sobre todo moita cor.Os nenos e nenas pasáronno moi ben!.

viernes, 22 de abril de 2016

viernes, 1 de abril de 2016

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN


Neste trimestre os alumnos de 6º de primaria realizaron un pequeno Traballo de investigación na área de Educación musical:

Tema: Neste apartado  había que elixir un tema e facer un proxecto. Só hai unha condición: ten que ter relación coa música. Podes centrarte nun instrumento, unha canción, un grupo, un festival de música, un compositor, un estilo…
Despois de elixir o tema, había que pensar que aspectos trataremos. Saber como se chamaban seus pais quizais non sexa o dato máis importante que poidamos incluír na biografía dun cantante, pero saber onde e cando naceu, cal foi o seu primeiro contacto coa música ou o primeiro grupo no que tocou, si.
  Se escollemos un grupo debemos falar de todos os seus compoñentes (mesmo dos que xa non formen parte del), da súa discografía, das cancións máis importantes, da súas influencias...
  Se falamos dunha canción podemos dicir en que ano foi escrita, o autor que a compuxo, se hai diferentes versións, que instrumentos aparecen soando, a súa forma, o que di a letra, a que xénero musical pertence…
  Se nos centramos nun festival de música, onde e dende cando se celebra, se está especializado nalgún estilo en concreto, os grupos que tocaron nel, a cantidade de público que adoita ter…
  Se traballamos sobre unha orquestra, debemos concluír onde ten a súa sede, os directores que a dirixiron, un breve resumo da súa historia, compoñentes que sexan relevantes, obras importantes que estrease, concertos especiais…
  Se falamos dun instrumento, buscaremos a que familia pertence, as súas características tímbricas máis salientables, obras máis coñecidas do seu repertorio, solistas importantes...
Xa tedes unhas pequenas pistas por onde conducir o voso traballo, así que...
¡Ao choio!

E finalmente recollemos os traballos nos distintos soportes e facemos a presentación dos nosos traballos aos compañeiros