jueves, 30 de octubre de 2014

Actividades Día das Bibliotecas Escolares

Para celebrar este día realizamos diversas actividades: lembramos o conto do moucho sabio,a mascota da nosa biblioteca,e decoramos a súa árbore con follas matemáticas.Nesa semana tamén comezaron a circular as mochilas viaxeiras.

sábado, 25 de octubre de 2014

Libros Samaín


Libros para ler nestes días:
Educación Infantil:
A miña amiga escuridade
 Ella Burfoot 
Baía Edicións

Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta á escuridade como amiga das nenas e os nenos. O libro, para nenos a partir de 2 anos, está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan. 

O dragón Comemedo
RuAn
Baía Edicións
A partir de 3 anos Un día Bernal, un neno con tanto medo que case non podía facer nada, encontrou un dragón grandísimo. A situación semellaba terrible até que descubriu como encoller o dragón e con el todos os seus medos.

Educación Primaria:

Primeiro Ciclo 
Colección " O Baúl dos monstros" ( 10 Títulos)
A bruxa

Enric LLuch,Oscar T Pérez
Baía Edicións
A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de chocolate de Hansel e Gretel, despois de pedir o traslado. Que fará a bruxa mandona cando saiba que deixou o conto patas arriba?

O vampiro


Enric LLuch

Baía Edicións
O vampiro Ladislau ten un problema: os seus cairos non están afiados e sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de vampiro tamén pode ser moi dura!

O esqueleto

Enric LLuch
Baía Edicións
Osiños quere ser futbolista como as persoas de carne. A súa familia, alarmada, tratou de facerlle ver que para un esqueleto non é posible.Pero por que non intentalo?

2º Ciclo 
A noite de Samaín


Pepe Carreiro
Editorial Toxosoutos
Nova entrega da serie protagonizada pola familia dos Barbanzóns formada por nove habitantes do castro de Baroña e o oso Banza ambientada na noite de Samaín.

miércoles, 1 de octubre de 2014

Biblioteca escolar.....matemática!!!





Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.