Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de febreiro de 2024

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS de 2ºB AS LENTELLAS BAILARINAS


No noso catálogo poderás acceder a numerosas libros sobre experimentos: Preme aquí

Lentellas bailarinas en gaseosa: experimento de flotabilidade

Os alumnos de 2ºB continuan a facer experimentos científicos moi interesantes.  Nesta ocasión realizaron o experimento das  
 Lentellas bailarinas
Experimento 
O dióxido de carbono disolto nas bebidas carbonatadas é 
capaz de facer bailar lentellas e garavanzos sen necesidade de música. 
Descubre como e experimenta coa densidade e a flotabilidade da forma máis sinxela e divertida. 
Preparando o experimento
 
Materiais:

        - Calquera bebida carbonatada clara, como auga con gas ou refresco.
       -  Un vaso de auga.
       -  Unhas lentellas e garavanzos.
        - Unha botella alta de vidro ou refresco.
Procedimento:

   -  Poñer unhas lentellas e garavanzos en auga. Verás que se afunden ata o fondo e quedan alí.
    - Meter as leguminosas nun vaso alto cheo de refresco ou simplemente bótaas na botella.
    - Observa o que pasa.
-  Formaranse burbullas na superficie das leguminosas e despois duns segundos subirán á superficie do líquido.
-  Unha vez arriba as burbullas estalarán e as leguminosas volverán ao fondo e comezarán de novo. 
- O baile durará uns minutos.
 
Aquí recollemos os videos dos experimentos 
 

 






venres, 1 de decembro de 2023

NOVEMBRO MES DAS CIENCIAS EDUCACIÓN INFANTIL

Neste mes a comunidade educativa do cole animouse a achegarse o mundo da ciencia, aquí tedes algúns experimentos, actividades e concursos sobre o tema. 

 

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe