sábado, 31 de outubro de 2020

A voltas con Ricardo Carvalho Calero

 Como cada ano a Real Academia Galega celebra o 17 de maio o Día das Letras Galegas, unha data especial e moi sinalada no almanaque para Galicia. Neste ano 2020 o homenaxeado foi Ricardo Carvalho Calero, porén polas circunstancias vividas pola pandemia da Covid-19 non puido ser celebrado con todo o seu entusiamo. É por iso que a Real Academia Galega decidiu pospor o evento ao 31 de outubro. 

Dende Bibliogurriarán volvemos a lembrar a figura que Ricardo Carvalho Calero a través da participación do alumnado do curso 2019-2020 mediante o marabilloso vídeo que fixemos grazas á vosa colabroación. 

 
 
Aquí vos deixamos tamén esta homenaxe feita por Arraianos Producións a Ricardo Carvalho Calero en forma de curtametraxe de animación duns 3 minutiños.
 

O espazo 'A trabe de Ouro' da Televisión de Galicia recolleu unha das últimas entrevistas feitas a Ricardo Carvalho Calero en vida, onde podemos atopar información persoal de relevancia que pon de manifesto a súa entrega pola cultura e a lingua galega,
 

 
E xa para rematar esta nova lembranza á figura de Ricardo Carvalho Calero, a través do Portal das Palabras, podedes acceder a moita información de interese sobre a súa contribución e vinculación ao teatro. 
 

E lembra... Non deixes de ler, podes atopar nas nosa biblioteca unha chea de títulos do teu interese, e se o desexas podes seguir a plataforma Elbe-2 cunha morea de libros den formato dixital. 
 

xoves, 29 de outubro de 2020

Chegou o Samaín!

 

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galicia atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.


VÍDEO DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO CEIP P. JULIO GURRIARÁN


venres, 23 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2020

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da  persoa lectora  a través de distintas actividades de distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.

 

Neste curso celebramos o Día das Bibliotecas ensinando  o noso recuncho  especial para as nosas lecturas. Aquí tedes os nosos lugares preferidos.

Feliz Día das bibliotecas Escolares!!!!

4º INFANTIL A



4º INFANTIL B



5º INFANTIL A



    
5º INFANTIL B




6º INFANTIL A




6º INFANTIL B








1ºA



1ºB





1ºC



2º A




2ºB




3ºA





  3º B



4ºA



4ºB




5ºA




5ºB




6ºA




  

6ºB




luns, 19 de outubro de 2020

O esforzo cotián das mulleres

 

Reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia, é o obxectivo do "Día das escritoras". Este ano 2020, a celebración conmemórase o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". 

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España  en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

O mundo literario para os máis pequenos tamén está cheo de escritoras. Seguramente que sen sabelo, estás lendo ou xa liches algún libro escrito por algunha muller brillante.

Aquí tedes unha recopilación das autoras que traballamos na aula, e algún texto interpretado polos nen@s.




ROCÍO BONILLA: ¿DE QUÉ COLOR ES UN BESO? 2ºA



A continuación ofrecémosche unha serie de video-contos escritos para nenos por escritoras. Sóache algún?




Lembra que en Bibliogurriarán podes atopar moitos máis títulos segundo a túa escolla.