venres, 25 de novembro de 2022

25 DE NOVERMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 PROPOSTA  DA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR  O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O 25 de novembro é o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller onde se denuncia a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo. 

Para conmemorar este día, decoramos os pasillos do centro con carteis de mulleres extraordinarias, mulleres que destacaron por diversas facetas ao longo da historia. 

Outra proposta que se expón dende bibliteca, e dado que a temática é sobre Harry Potter, é a elaboración dun mural coa coprotagonita Hermione en representación de todas as mulleres. A actividade consta da elaboración dunha etiqueta en cartolina de cores.  Cada clase,  deberá escribir unha palabra na cartolina relacionada coa "NON VIOLENCIA" e despois decorala e recortala con formas. 

Ao finalizar, cada unha das palabras pegaranse no noso mural de Hermione. 

OS ALUMN@S DE 6º DE E.I: 


OS ALUM@S DE 5º E.I: 




No mural foron colocadas as palabras de todos os alumn@s do centro. Que bonito quedounos!!


Tamén se levaron a cabo lecturas relacionadas coa temática: " CO BO TRATO E A IGUALDADE NO BARCO DE VALDEORRAS" 




luns, 21 de novembro de 2022

O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

 

O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Este día, é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e as nenas do mundo. Así, levaron a cabo distintas actividades: 

OS ALUMNOS DE INFANTIL:

- Cada nen@, decorou o seu boneco e repasou o dereito que lle tocou.Tamén elaboraron unhas bolas cos dereitos dos nenos e nenas. Despois colgámolas nunha árbore, como podedes ver: 





OS ALUMN@S DE 2 DE PRIMARIA: 

Traballaron sobre os distintos dereitos  e os colorearon. Que chulis!!!


venres, 18 de novembro de 2022

CONTO: "A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"

 

Esta semana os alumnos de 5º de E.I. puideron disfrutar da lectura do conto:  

"A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"

Visitounos unha mamá da clase que quixo compartir connosco este conto tan divertido!!!






Gustoulles moitísimo o conto, falamos do que pasaba, dos personaxes...

Aquí déixovos o conto: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/system/files/castanharisa.pdf

Ao finalizar coloreamos unha escena do conto e fixemos un caracol cunha castaña. Mirade que chuli quedou:


Moitas grazas por compartir connosco este conto!!


venres, 11 de novembro de 2022

SEMANA DO MAGOSTO

 

Dado que a festividade do Magosto é tan importante na nosa comarca, realizamos distintas actividades ao longo da semana co noso alumnado. Léronse contos, adiviñas, poemas, lendas, entre outros. 

Os alumnos/ as de 6º de E.I estiveron traballando o conto " O apalpador e a castaña". Primeiramente escoitaron o conto e despois o miraron en pequeno grupos.

                                   


Ao finalizar, colocaron as letras para formar a palabra "CASTAÑA" e fixeron un acróstico.






Os alumnos da aula de 3º A, estiveron traballando adiviñas, poemas, entre outros, sobre o Magosto. 












Tamén os alumnos de 3º B uníronse a esta proposta cas súas adiviñas, poemas: 






Outra proposta que levamos a cabo, foi que cada aula decorase o seu cono co escudo da escola á que pertencen para recoller castañas. Que divertido !!!











Para finalizar a semana, propuxéronse distintos xogos moi divertidos tanto para Ed. Infantil como para E. Primaria. E por suposto, disfrutamos dun rico bocata e de castañas asadas. Que rico!!!








luns, 7 de novembro de 2022

HORA DE LER

 

A lectura é unha ventá aberta ao mundo que contribúe ao desenvolvemento integral da persoa a nivel cognitivo, afectivo, comunicativo e expresivo. Un obxectivo moi importante é que os nosos alumnos/as aprendan a amar a lectura e que a vexan como unha maneira para divertirse e entreterse.

Non cabe dúbida de que a lectura é a base da aprendizaxe; por tanto, é importante fomentar o gusto e o interese pola mesma de forma que os alumnos  incorporen esta actividade na súa rutina diaria.
O bo lector non nace, senon que se fai. Así, para chegar a ser bos lectores desde a biblio propoñemos que se adique diariamente un momento especial "HORA DE LER" para exercitar a lectura. 

Como podedes ver, cada aula, dedica 15 minutos diarios á lectura: 


OS ALUMNOS/AS DE 1º 



OS ALUMNOS/AS DE 2º 




OS ALUMNOS/AS DE 3º A DE E.P







OS ALUMNOS/AS DE 3º B DE E.P






















OS ALUMNOS/AS DE 6º A