Amosando publicacións coa etiqueta conmemoración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conmemoración. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de novembro de 2023

PLAN DIRECTOR: CHARLA INFORMATIVA SOBRE CIBERACOSO E CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, nos ofertan charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como:
  •  a ciberseguridade, 
  •  o acoso escolar
  •  a violencia sobre a muller
  • as drogas e o alcol
  •  as novas adiccións,
  •  os delitos de odio e discriminación
  • a prevención dos delitos sexuais
Estas charlas  son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Nos contamos coa presencia de dous axentes que informaron nunha charla acompañada de vídeos sobre ciberacoso e a Violencia sobre a muller, para concienciar aos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria e darlle estratexias para traballar coas redes sociais.
 O noso agradecemento aos dous axentes pola súa implicación!!!





 

martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023: SALÓN DO COMIC

 

 Celebramos o Día das bibliotecas escolares baixo o lema 

"Unha biblioteca escolar en viñetas",

con numerosas actividades que resumimos a continuación.

SALÓN DO COMIC

Aproveitando que neste curso imos a traballar  o mundo do comic, sacamos UNHA REPRESENTACIÓN DOS NOSOS COMICS













































COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe