Amosando publicacións coa etiqueta actividades biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de decembro de 2024

CLUB DE LECTURA PASENIÑOS: BICHOS RAROS

 O club de lectura Paseniño rematan o trimestre coa lectura de "Bichos raros". Aproveitando que o lema de Bibliotecas escolares é "A escena", decidimos traballar no mundo do teatro.

Resumo do libro
Fran, Yoni, Pablo, Ele Sran, Yoni, Pablo, Ele e Soul formaron un

 grupo que ensaia a diario para o primeiro gran concerto das

 súas vidas. Teñen diferentes personalidades, escoitan

 diferentes tipos de música e ás veces xorden problemas entre

 eles. Pero os conflitos desaparecen cando comezan a xogar. O

 día da actuación prodúcese un imprevisto que pon en perigo o

 concerto. Deben escoller entre triunfar e gañar cartos ou seguir

 sendo amigos.




Ana Mª Gonzalez Rey,  a coordinadora do club Paseniño de nenos, entregou un agasallo aos alumnos participantes do club.
Tamén lle entregamos un agasallo aos alumnos colaboradores da biblio, no que incluía unha chapa elaborada coa impresor3D.






martes, 24 de outubro de 2023

RADIO NA BIBLIO: ENTREVISTA AO NOSO ALGALDE ALFREDO GARCÍA

 ENTREVISTA A ALFREDO GARCÍA, ALCALDE DO BARCO

Para comezar a traballar no programa Radio na biblio hoxe a media mañá, recibimos a visita do Alcalde do Barco, Alfredo García que pasou polo Colexio para ser entrevistado por alumn@s de 6º de Ed. Primaria.

Moitas grazas pola visita!!

Próximamente subiremos vídeo e podcast de dita entrevista.




DÍA DAS BIBLIOTECAS: DECORACIÓN DA BIBLIO

 

Como todos os cursos, alumnos e profes decoramos a nosa biblioteca, e xa que o lema da biblioteca e "Unha biblioteca escolar en viñetas", transormamos aos usuarios da biblio, en personaxes de comic, utilizando distintos programas para caracterizar, dibuxar, colorear...

































DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023: SALÓN DO COMIC

 

 Celebramos o Día das bibliotecas escolares baixo o lema 

"Unha biblioteca escolar en viñetas",

con numerosas actividades que resumimos a continuación.

SALÓN DO COMIC

Aproveitando que neste curso imos a traballar  o mundo do comic, sacamos UNHA REPRESENTACIÓN DOS NOSOS COMICS













































COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe