Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de marzo de 2024

Dia da árbore




O 21 de marzo coincidindo co inicio da primavera celebramos o día da árbore que é un recordatorio da importancia de protexer os nosos bosques.







xoves, 22 de febreiro de 2024

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS de 2ºB AS LENTELLAS BAILARINAS


No noso catálogo poderás acceder a numerosas libros sobre experimentos: Preme aquí

Lentellas bailarinas en gaseosa: experimento de flotabilidade

Os alumnos de 2ºB continuan a facer experimentos científicos moi interesantes.  Nesta ocasión realizaron o experimento das  
 Lentellas bailarinas
Experimento 
O dióxido de carbono disolto nas bebidas carbonatadas é 
capaz de facer bailar lentellas e garavanzos sen necesidade de música. 
Descubre como e experimenta coa densidade e a flotabilidade da forma máis sinxela e divertida. 
Preparando o experimento
 
Materiais:

        - Calquera bebida carbonatada clara, como auga con gas ou refresco.
       -  Un vaso de auga.
       -  Unhas lentellas e garavanzos.
        - Unha botella alta de vidro ou refresco.
Procedimento:

   -  Poñer unhas lentellas e garavanzos en auga. Verás que se afunden ata o fondo e quedan alí.
    - Meter as leguminosas nun vaso alto cheo de refresco ou simplemente bótaas na botella.
    - Observa o que pasa.
-  Formaranse burbullas na superficie das leguminosas e despois duns segundos subirán á superficie do líquido.
-  Unha vez arriba as burbullas estalarán e as leguminosas volverán ao fondo e comezarán de novo. 
- O baile durará uns minutos.
 
Aquí recollemos os videos dos experimentos 
 

 






venres, 1 de decembro de 2023

NOVEMBRO MES DAS CIENCIAS EDUCACIÓN INFANTIL

Neste mes a comunidade educativa do cole animouse a achegarse o mundo da ciencia, aquí tedes algúns experimentos, actividades e concursos sobre o tema. 

 

mércores, 30 de maio de 2018

XORNALISTAS NA ESCOLA



AQUÍ TEDES  TODOS OS PROXECTOS QUE PRESENTASTEIS A XORNALISTAS NA ESCOLA DE O PERIÓDICO  LA REGIÓN. NORABOA POR UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN BEN FEITO!!!




venres, 2 de marzo de 2018

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: A RECICLAXE NO NOSO PATIO DO COLE




A RECICLAXE NO NOSO PATIO DE XOGOS
Vídeo elaborado polos alumn@s e mestres do 3º Curso de Ed. Primaria para concienciar ós nenos e nenas da necesidade de reciclar os residuos que se xeneran diariamente no noso Colexio.
Este traballo vai ser presentado ó concurso "Hazlo Verde" organizado por Leroy Merlin.
Quedou moi bonito e moi interesante. Esperamos que teñan moita sorte no concurso.
Noraboa polo traballo ben feito!!

luns, 4 de decembro de 2017

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA OS NENOS DE TRES ANOS



Os alumnos de 4º de Educación Infantil recibiron  Eva Matías y Luís Ocampo que son pais  y médicos que realizaron este obradoiro sobre Reanimación Cardio Pulmonar e  atragantamientos ademais de prevención de accidentes.



luns, 12 de xuño de 2017

AS MÁQUINAS



Os alumnos de 2º de Primaría están a traballar coa profe Maite en Ciencias Naturais,  o mundo das máquinas e os ordenadores. Queda recollido neste libros as súas  características 





luns, 3 de outubro de 2016

ÁNGELES ALVARIÑO: ciéntifica galega

Hoxe, cúmprense 100 anos do nacemento
 da científica galega Ángeles Alvariño.

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (California) o 29 de maio de2005, foi unha oceanógrafa galega.

Un Ronsel de Ardora é publicación infantil dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa, como primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas, editada por LELA Edicións.

Enrique Mauricio e Carlos Taboada, Polo Correo do Vento SC.
A partir de 6 anos. Idioma galego.

Sinopse

María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas  e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.
ISBN 978-84-946043-0-0
Colección: 
Mulleres galegas 1
Ilustracións: cor 32 páxinas
Editorial: Lela Edicións
TipoloxíaInfantil/Xuvenil

xoves, 30 de abril de 2015

Actividades de Educación Ambiental


Os nenos de Educación Infantil  foron esta semana o Teatro Lauro Olmo a ver unha obra  que lles ensinou a importacia de manter limpo o bosque e a necesidade de tirar o lixo no contenedor que lle corresponde.
Gustóulles moito!


xoves, 13 de novembro de 2014

NOVEMBRO TAMÉN É O MES DA CIENCIA



Novembro non é só o mes da mata, dos magostos e do Samaín. Tamén é, dende hai unha década, o mes da ciencia e, dende hai tres anos, o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego.
No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana. Tamén persegue unha maior conciencia social da importancia da ciencia e reducir a fenda existente entre a ciencia e a sociedade.
Dende hai tres anos, a celebración da UNESCO foi adoptada nos centros educativos galegos como Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego. O obxectivo principal desta efeméride, en consonancia co achegamento entre lingua e sociedade e mais co papel da ciencia a prol do desenvolvemento humano que propugna a UNESCO, é o de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no eido do ensino, para impartir as materias científico-técnicas.

Este ano, o profesorado agrupado arredor de IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) propón centrar a celebración na tecnoloxía e nas figuras de Leonardo da Vinci e mais do galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.
Ramón Silvestre Verea García (Curantes-A Estrada, 1833 – Bos Aires, 1899) é un dos pais das modernas máquinas de calcular. En 1878 patentou nos Estados Unidos de América un enxeño que, a diferenza dos seus predecesores –que só sumaban e restaban amodo- era capaz de multiplicar e de dividir instantaneamente incluíndo ata 15 cifras no resultado. O seu invento supuxo unha enorme contribución ao futuro desenvolvemento da computación. O prototipo deseñado por Ramón Verea exponse hoxe na colección de enxeños de cálculo que IBM ten na súa sé de Nova York.
Velaquí diferentes materiais elaborados por equipos de dinamización da lingua galega para educación infantil e primaria. Pincha neles para saber máis:




na páxina  da Secretaria Xeral de Política Lingüística "Outono de ciencia"  atoparás máis información.

luns, 14 de abril de 2014

Actividades Dia da árbore



Durante o mes de marzo tosdos nenos e nenas do cole recibiron charlas onde aprenderon a través do conto o home do lume a importancia de coidar os nosos montes e evitar incendios forestais.
Uns días despois os nenos pequenos asistiron a plantación dunha árbore no horto do cole e os maiores sairon a plantar árbores fóra.






domingo, 16 de febreiro de 2014

Experimentos sobre a materia

Todos os obxectos están formados por materia que ten diversas propiedades comúns ( masa, volume...) e específicas que varían dunha sustancia a outra.Os alumnos de 6º B recollen neste video os experimentos que realizaron :experimentos de filtración,deformación, cambios de estado, reccións químicas, magnetismo, disolución....


luns, 16 de decembro de 2013

Experimentos:o volcán

Os nen@s de 4 anos estiveron aprendendo cousas sobre os volcáns.Premer na foto para máis información

martes, 19 de novembro de 2013

Ciencias para nenos

Ciencia Kids é o fogar da ciencia e a tecnoloxía en Internet para os nenos de todo o mundo.Aprende máis sobre o maravilloso mundo da ciencia por disfrutar deexperimentos científicos divertidos, feitos interesantes, xogos online, actividades gratuitas, ideas, plans de estudio, fotos, videos, concursos e proxectos da feira de ciencias.

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe