venres, 18 de decembro de 2020

Chegou a maxia do Nadal!

O Nadal chegou e con el unha época na que reina o amor e os bos desexos.

Dende Bibliogurriarán desexámosvos unhas marabillosas e felices festas. Desfrutade do tempo en familia, compartide sorrisos e debuxade esos momentos máxicos nos vosos corazón.

 

PARA OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ALGÚN MOMENTO DE LECER.

[PREME NA IMAXE] 

 AÍNDA ASÍ SELECCIONAMOS PARA VÓS ALGÚNS VÍDEOS CON ALGUNHA HISTORIA OU TUTORIAIS PARA FACER ALGUNHA MANUALIDADE. AGARDAMOS QUE A ESCOLLA FOSE ACERTADA.


xoves, 10 de decembro de 2020

250 anos de Beethoven, o gran músico

 
 
O 17 de decembro de 2020 celébranse o 250 anos do nacemento do compositor de música, director de orquestra e pianista Beethoven. 

Queres saber máis sobre Beethoven? No seguinte vídeo amosámosche algunhas cousiñas súas.

 
 


RECOMENDACIÓNS DE LECTURA EN BIBLIOGURRIARÁN:
 
 
 
 
 
 
QUERES SABER MÁIS?
OFRECÉMOSCHE UN ENCONTRO INTERACTIVO CON XOGOS, ILUSTRACIÓNS, MELODÍAS... AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE APRENDADES MOITO!
 

 

luns, 30 de novembro de 2020

Novembro, mes da ciencia en galego

Como cada ano, o mes de novembro é unha data moi sinalada  para Bibliogurrirán ao celebrar o mes das Ciencias en Galego. 
 
A palabra ciencia sempre soa como algo máxico, algo por experimentar, algo por fedellar... É unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.
 
Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. 
 
A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza.  
 
Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Na nosa biblioteca podes gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano.
 

EXPERIMENTO: OS VOLCÁNS; 4º Infantil A


EXPERIMENTO: OS XERMES; 4º Infantil A


EXPERIMENTO: LEITE CON CORES! 4º Infantil B

 
Amosámosche algunhas suxestións sobre ciencia e en galego que podes atopar na nosa biblioteca escolar:


 
 
 
 
 

 
 
 
 
E logo ti vives no solo? [Material descargable]


luns, 23 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Trátase dunha data institucionalizada por Nacións Unidas no ano 2000, que se recolle tamén no noso calendario escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo.


#BibliotecasSTOPViolencia

VÍDEO CONMEMORATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

EDUCACIÓN INFANTIL 2020



CUENTO ANIMADO: NO TE CALLES



ADOLORIDO

LA GARZA Y EL PEZ DORADO

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA BIBLIOGURRIARÁN




venres, 20 de novembro de 2020

20 de novembro | Día Universal do Neno

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
 

O Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.

Cando se celebra o Día Universal do Neno?

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Que se celebra?

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Internacional do Neno en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Para que serve o Día Universal do Neno? 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen.

Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

 

Que se pode facer neste día?

O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e as nenas do mundo.

É un bo día para coñecer as distintas formas de colaborar cos nenos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar e desenvolvemento.


Recomendacións de lectura en Bibliogurriarán: 



 
 
 
 
 
 
Material Descargable 'Save The Children':