xoves, 30 de abril de 2020

MÓVETE CONNOSCO NA CASA

O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 

A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.














mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA. APLICACIÓNS PARA MÓBILES OU TABLETS




Para seguir celebrando o Día da Terra neste 22 de abril, dende Bibliogurriarán facemos unha pequena suxestión por se queredes usar dende as vosas casas. Catro aplicacións con diversa infromación sobre este día tan especial. 



Nooddle ofréceche unha listaxe de receitas saudables e orixinais cos alimentos que podes ter na casa. Así poderás comer mellor e sen desaproveitar comida. 
Segundo a FAO, considera que arredor dun tercio dos alimentos do mundo pérdense e se desperdician. 

http://www.fao.org/food-loss-and-food-waste/es/

A aplicación Nooddle está dispoñible para móbiles Android ou IOS




 Sabes canta auga gastamos os españois na ducha? 9200 millóns de litros ao día! Segundo datos da OMS, dedicamos aproximadamente 8 minutos e medio en cada ducha cun consumo medio de 20 litros ao minuto. É dicir, cada 8 minutos consumimos unha media de oito cartóns de leite dun litro todos xuntos e por persoa. 
A aplicación Hydrao Smart Shower permite establecer límites de consumo e avaliar o aforro.
A aplicación está dispoñible tanto para Android coma para IOS.



En qué contedor do lixo se botan as luvas? E as máscaras de cara? Seguramente teñas algunhas dúbida á hora de tirar certos produtos ao lixo. Curiosamente, o confinamento incrementou o interese dos españois por reciclar correctamente. 
Segundo os datos facilitados por Ecoembes, confirman que os cidadadáns neste tempo fixemos máis consultas sobre a forma correcta de reciclar. 
Mostrámosvos unha aplicación que nos axuda a saber en que contedor do lixo se tira cada refugallo. 
A aplicación está dispoñible tanto para Android como para IOS

https://www.ecoembes.com/es/ciudadanos/sala-de-prensa/notas-de-prensa/el-confinamiento-aumenta-el-interes-por-reciclar




 Para axudarnos a ser conscientes do que consumimos, presentámosvos a Yuka. Esta aplicación aporta simplicidade e transparencia para comprender as etiquetas dos produtos nun so clic. 
Para iso usa un código de cores moi sinxelo que indica a calificación: excelente, bo, mediocre ou malo. Ademais, podes acceder a unha ficha para ver en detalle a avaliación de cada artigo.
Pódese descargar tanto en Android como en IOS.

 

martes, 21 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA A SEMANA DO DÍA 14 DE ABRIL


5º CURSO : ACTIVIDADES dDE MÚSICA- SEMANA 20 DE ABRIL  


Boa tarde a todos, cómo vai esa partitura de A Carolina, espero que xa salga porque era de repaso do curso anterior. Para esta semana vamos a repasar  a duración do son,  como se mide a música y que termos se utilizan para medir.
Traballaremos no PUNTO 4
1.      Facemos una lectura completa do punto enteiro
2.      Copiamos no caderno a definición de:
a.      TEMPO MUSICAL
b.      METRÓNOMO
c.       COMO SE MIDE A VELOCIDADE NA MÚSICA
d.      TERMOS QUE SE USAN PARA DESCRIBIR A DURACIÓN
e.      NOTAS A CONTRATEMPO

3.      ACTIVIDADES
a.      Facemos actividade 1 e 2
b.      Estudiamos a frase música coa flauta  Morning de Peer Gynt
c.       Por certo os acordais quen era Peer Gynt
d.      Intentamos tocala “a tempo” coa grabación
4.      Escoita o Grande valse villageoise de la Bella Durmiente do compositor Tchaikovsky e segue o compás marcando palmas. Despois fai o mesmo co tema Norwegian Wood de The Beatles
5.      Copia o seguinte pentagrama na túa libreta de música e coloca correctamente as liñas divisorias do compás.


6º CURSO : ACTIVIDADES  DE MÚSICA- SEMANA 20 DE ABRIL  
1.      Repasamos o tema enteiro
2.      Facemos a autoavaliación no punto 7
3.      O primeiro apartado Que aprendices? Non o facemos
4.      Temos tres intentos

Ánimo!!!


-----------------------------------------------------------------------------------------------------

5º CURSO
Seguimos a traballar no tema 3: "Unha banda na escola", realizando as seguintes tarefas.
1. Lectura do punto 3 e facemos un resumo dos seguintes puntos.Non fai falta que mo enviedes. :
  • O piano: o piano virtual
  • O sintetizador
  • A música por ordenador
  • Que é Hans Zimmer
  • O ukelele
  • Realizar a actividade de V ou F
  • Quenes foron os saltamontes

2. Estudiamos a partitura de "A Carolina", que se atopa a dereita en DOCUMENTOS
3. Entramos tamén a dereita en LIGAZÓNS e traballamos no seguintes enlaces:
- Xéneros de música sec. XX
- Discriminación auditiva de instrumentos de corda fretada
- Discriminación de instrumentos de corda percutida

6º CURSO

Nesta semana seguimos a traballar no PUNTO 6 do tema 3
E realizaremos as seguintes tarefas
1. Lectura e resumo dos seguintes puntos no teu caderno. Non fai falta que mo enviedes.

  • Banda sonora
  • Musical
  • Opera e Zarzuela
  • O ballet
  • O Lago dos cisnes
- Facer a actividade
2. Entra en ligazóns a dereita, e investiga un pouco nos diferentes ligazóns que inclúen no punto All Music, Last FM....



luns, 20 de abril de 2020

Luz Pozo: unha gran poetisa galega


Dende Bibliogurriarán, a biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Julio Gurrirarán Canalejas, expresamos o noso profundo pesar polo pasamento de Luz Pozo Garza. É por iso, que queremos facerlle unha pequena homenaxe lembrando a súa vida e tamén a súa xenialidade poética plasmada en diferentes exemplares literarios. 

Luz Pozo, nome literario de Dolores Elvira Pozo Garza é unha importante autora de obras bilingües, tanto en castelán como en galego. Ademais pertenceu á Real Academia Galega dende 1950, entrou a esta institución con só 28 anos, e nomeada membro un 29 de novembro de 1996.
Naceu un 22 de xullo de 1922 na vila costeira da Mariña Lucense de Ribadeo, situada ao norte de Galicia preto de Asturias e da Praia das Catedrais. 

Viviu os seus primeiros anos na súa vila natal, e ao pouco tempo trasladouse a Viveiro, outra vila da Mariña Lucense. En 1936 viaxou á cidade de Lugo, e despois tras a detención do seu pai polas forzas nacionais, desprazouse coa súa familia a Marrocos, onde residiu ata os 18 anos. Rematou o bacharelato e diplomouse en piano, e anos máis tarde realizou os estudos de maxisterio e filosofía e letras na Universidade de Oviedo. 

 A súa riqueza poética, compaxina obras tanto en castelán como en galego, iniciouse en 1949 con 'Ánfora', e conta cunha extensa produción que, dende 1976, decántase preferentemente cara o galego, ata a súa última entrega no ano 2013 'Sol de medianoche' , onde recupera o castelán como lingua de expresión literaria. 

A súa tarxectoria poética foi recoñecida en distintas ocasións con galardóns como a Medalla Castelao en 1995, o Premio Celanova en 2001, o Premio Laxeiro en 2013, o Premio Trasalba en 2019. En 2018 foi nomeada filla adoptiva de Viveiro, onde a Escola de Idiomas leva o seu nome, e en xaneiro de 2020 foi recoñecida filla predilecta do seu Ribadeo Natal. Ademais a Real Academia Galega rendiulle unha homenaxe, co gallo do seu 95 aniversario, en xullo de 2017. No acto recitáronse versos da súa autoría dez poetas de distintas xeracións. 



 



CONCURSO DÍA DO LIBRO


Dende a biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas poñemos en marcha un concurso para celebrar o día do libro, poderá participar  todo o alumnado de primaria.











Esta é a imaxe de acceso a Flipgrid que che enviou o teu titor/a, para acceder podes escribir os datos facilitados. Outra opción é escanear o código QR que aparece, é máis directo, doado e rápido ao non ter que escribir ningún dato.

 


--------------------------------------------------------------------------------------------



---------------------------------------------------------------------------------------------------------


https://flipgrid.com/s/3937567f0f19
MATÍAS 1ºB PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/23a04ae129e0
 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/ed81a71dc0de
DYLAN 1ºB PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/e48bf1a93799
 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/975d47bceb2e
GABRIELA 4ºA PRIMARIA

https://flipgrid.com/a/fb5441a8c3bd

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/c38dc8bf5d7c
ÁLVARO 5ºB PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/e7cbab61b0ab

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/5bead4ad7656
 LUCÍA 6º B PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/55cf410b3df7


 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

sábado, 18 de abril de 2020

MES DE ABRIL, MES DO LIBRO



Comezamos cunha pequena historia, trata sobre un bichiño raro que está a pasear por aí fóra e que chega a alborotar o noso rabaño...
Sabedes o que faremos? Ummmmm!! Teredes que ver o seguinte vídeo ata o final. Descobre o que acontece! 



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
2 DE ABRIL

Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil que se celebrou o pasado 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 








DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
23 DE ABRIL

  Outra das celebracións deste mes de abril, é o día do libro. Como todos os anos festéxase o 23 de abril.
A súa orixe remóntase ao ano 1926. O 23 de abril de 1616 falecían varios famosos escritores, Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de La Vega.

 

 Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e tamén aos seus autores, así afoutar entre todos, e en particular á rapazada, a descubrir o pracer da lectura da man dun bo libro cunha chea de historias e aventuras.
Queres saber máis? Bótalle unha ollada ao seguinte vídeo con algunhas curiosidades. 



Podes deixar os teus comentarios neste blog máis abaixo, no espazo habilitado. Cal é o libro que máis che gusta? Por que? Leremos e publicaremos todas as suxestións que nos fagas. Anímate a escribir! Que non che dé vergoña!







 Lembra que nestes días, ao non poder ir ao cole, podes seguir a lectura dende a túa casa a través das aplicacións Ta-Tum da editorial Edelvives e tamén coa aplicación Elbe2. Poderás atopar nelas unha morea de libros en formato dixital de diferentes temáticas.




XORNAL PASENIÑO 2025