Como cada ano, o mes de novembro é unha data moi sinalada para Bibliogurrirán ao celebrar o mes das Ciencias en Galego.
A palabra ciencia sempre soa como algo máxico, algo por experimentar, algo por fedellar... É unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.
Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo.
A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza.
Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Na nosa biblioteca podes gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano.
EXPERIMENTO: OS VOLCÁNS; 4º Infantil A
EXPERIMENTO: OS XERMES; 4º Infantil A
EXPERIMENTO: LEITE CON CORES! 4º Infantil B
Amosámosche algunhas suxestións sobre ciencia e en galego que podes atopar na nosa biblioteca escolar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario