xoves, 12 de novembro de 2020

Chegou o Magosto!

 A palabra magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.


O magosto, magostu, magüestu o amagüestu é unha festa tradicional nalgunhas zonas do norte de España, como Galicia, Cantabria, Asturias, Bierzo e León, Zamora, Salamanca; e tamén en Canarias. No noso país veciño, en Portugal, tamén é unha festa moi popular que recibe o nome de magusto. E nivel internacional esta celebración leva o nome de chestnut party. 

A castaña é o froito do castiñeiro, árbore da familia das fagaceae.  Preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén de 2 a 7 castañas.

As castañas son unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, no suroeste e no leste de Asia e tamén no leste de Norteamérica, antes da praga da castaña. Durante a Idade Media, no sur de Europa as comunidades que habitaban cerca de soutos e que tiñan escaseza de acceso á fariña cereal, utilizaban as castañas como a súa principal fonte de carbohidratos.

As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Galicia como  outros sitios de España sóense comer asadas, en Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marrron glacé, así como a crema de castañas. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico a 400ª durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.

Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.

As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais.

As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.

QUE A MÚSICA NON PARE!

 
 
 
VÍDEO DA CASTAÑA




PROPOÑÉMOSCHE UNHA RECEITA MOI SABOROSA!


RECOMENDACIÓNS PARA LECTURA EN BIBLIOGURRIARÁN: 

 
 
 

Lembra que podes seguir utilizando a bibioteca dixital de Elbe2 co usuario e contrasinal do curso anterior.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...