luns, 30 de novembro de 2020

Novembro, mes da ciencia en galego

Como cada ano, o mes de novembro é unha data moi sinalada  para Bibliogurrirán ao celebrar o mes das Ciencias en Galego. 
 
A palabra ciencia sempre soa como algo máxico, algo por experimentar, algo por fedellar... É unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.
 
Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. 
 
A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza.  
 
Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Na nosa biblioteca podes gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano.
 

EXPERIMENTO: OS VOLCÁNS; 4º Infantil A


EXPERIMENTO: OS XERMES; 4º Infantil A


EXPERIMENTO: LEITE CON CORES! 4º Infantil B

 
Amosámosche algunhas suxestións sobre ciencia e en galego que podes atopar na nosa biblioteca escolar:


 
 
 
 
 

 
 
 
 
E logo ti vives no solo? [Material descargable]


luns, 23 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Trátase dunha data institucionalizada por Nacións Unidas no ano 2000, que se recolle tamén no noso calendario escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo.


#BibliotecasSTOPViolencia

VÍDEO CONMEMORATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

EDUCACIÓN INFANTIL 2020



CUENTO ANIMADO: NO TE CALLES



ADOLORIDO

LA GARZA Y EL PEZ DORADO

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA BIBLIOGURRIARÁN




venres, 20 de novembro de 2020

20 de novembro | Día Universal do Neno

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
 

O Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.

Cando se celebra o Día Universal do Neno?

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Que se celebra?

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Internacional do Neno en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Para que serve o Día Universal do Neno? 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen.

Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

 

Que se pode facer neste día?

O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e as nenas do mundo.

É un bo día para coñecer as distintas formas de colaborar cos nenos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar e desenvolvemento.


Recomendacións de lectura en Bibliogurriarán: 



 
 
 
 
 
 
Material Descargable 'Save The Children':


 

xoves, 12 de novembro de 2020

Chegou o Magosto!

 A palabra magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.


O magosto, magostu, magüestu o amagüestu é unha festa tradicional nalgunhas zonas do norte de España, como Galicia, Cantabria, Asturias, Bierzo e León, Zamora, Salamanca; e tamén en Canarias. No noso país veciño, en Portugal, tamén é unha festa moi popular que recibe o nome de magusto. E nivel internacional esta celebración leva o nome de chestnut party. 

A castaña é o froito do castiñeiro, árbore da familia das fagaceae.  Preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén de 2 a 7 castañas.

As castañas son unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, no suroeste e no leste de Asia e tamén no leste de Norteamérica, antes da praga da castaña. Durante a Idade Media, no sur de Europa as comunidades que habitaban cerca de soutos e que tiñan escaseza de acceso á fariña cereal, utilizaban as castañas como a súa principal fonte de carbohidratos.

As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Galicia como  outros sitios de España sóense comer asadas, en Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marrron glacé, así como a crema de castañas. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico a 400ª durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.

Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.

As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais.

As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.

QUE A MÚSICA NON PARE!

 
 
 
VÍDEO DA CASTAÑA




PROPOÑÉMOSCHE UNHA RECEITA MOI SABOROSA!


RECOMENDACIÓNS PARA LECTURA EN BIBLIOGURRIARÁN: 

 
 
 

Lembra que podes seguir utilizando a bibioteca dixital de Elbe2 co usuario e contrasinal do curso anterior.



mércores, 11 de novembro de 2020

12 de novembro: Día Mundial contra a Obesidade Infantil

 En España, 1 de cada 3 nenos e nenas presentan sobrepeso ou obesidade infantil, é un dos problemas de saúde graves a nivel mundial e con maior crecemento neste século.

 
 
A única maneira de previr a obesidade é levando unha dieta alimenticia moito máis saudable e non apostar pola coñecida como comida rápida de forma cotiá, que posúe todos os elementos para xerar obesidade.
Ademais dunha boa alimentación, é preciso que as persoas teñan unha rutina de exercicio que lles permita evitar a acumulación de graxa produto do sedentarismo. A falta de exercicio leva a chegada de sobrepeso.
 
 
 
 
 

 
  • Non hai ningún alimento que posúa todos os nutrientes que presisa o corpo, agás o leita meterno para os primeiros meses de vida. 
  • Non hai alimentos bos e malos por sí mesmos, pero sí alimentos cuxo consumo recomendado sexa máis ou menos frecuente ou esporádico.
  • Para encher as necesidades nutricionais é preciso comer alimentos de todos os grupos e nas proporcións axeitadas. 

 

 
 



Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...