Hoxe, cúmprense 100 anos do nacemento
da científica galega Ángeles Alvariño.
María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (California) o 29 de maio de2005, foi unha oceanógrafa galega.
Un Ronsel de Ardora é publicación infantil dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa, como primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas, editada por LELA Edicións.
Enrique Mauricio e Carlos Taboada, Polo Correo do Vento SC.
A partir de 6 anos. Idioma galego.
Sinopse
María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.

ISBN 978-84-946043-0-0
Colección:
Mulleres galegas 1
Ilustracións: cor 32 páxinas
Editorial: Lela Edicións
Tipoloxía: Infantil/Xuvenil
Xénero: Álbum/Libro ilustrado
Ningún comentario:
Publicar un comentario