No noso catálogo poderás acceder a numerosas libros sobre experimentos: Preme aquí
Lentellas bailarinas en gaseosa: experimento de flotabilidade
Os alumnos de 2ºB continuan a facer experimentos científicos moi interesantes. Nesta ocasión realizaron o experimento das
Lentellas bailarinas .
Experimento
O dióxido de carbono disolto nas bebidas carbonatadas é
capaz de facer bailar lentellas e garavanzos sen necesidade de música.
Descubre como e experimenta coa densidade e a flotabilidade da forma máis sinxela e divertida.
Preparando o experimento
Materiais:
- Calquera bebida carbonatada clara, como auga con gas ou refresco.
- Un vaso de auga.
- Unhas lentellas e garavanzos.
- Unha botella alta de vidro ou refresco.
Procedimento:
- Poñer unhas lentellas e garavanzos en auga. Verás que se afunden ata o fondo e quedan alí.
- Meter as leguminosas nun vaso alto cheo de refresco ou simplemente bótaas na botella.
- Observa o que pasa.
- Formaranse burbullas na superficie das leguminosas e despois duns segundos subirán á superficie do líquido.
- Unha vez arriba as burbullas estalarán e as leguminosas volverán ao fondo e comezarán de novo.
- O baile durará uns minutos.
Aquí recollemos os videos dos experimentos
Ningún comentario:
Publicar un comentario