lunes, 17 de octubre de 2016


Para conmmeorar o Día das Bibliotecas Escolares, o equipo de biblioteca  propón decorar a árbore da entrada con temas relacionados coas Artes. Por iso escollemos as árbores de Kandisky, E para os marcapáxinas a Picasso e Mondrian e comezan a súa viaxe as mochilas viaxeiras






Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da aplicaciónAurasma de Realidade Aumentada.








0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.