Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024: CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN


DÍA DA PAZ 2024
Mañá MARTES 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz.
No Colexio faremos a carreira en favor da ONG Save the Children como acto simbólico de Paz.
Poñeremos unha caixa no exterior do Colexio para recoller os donativos voluntarios que os nen@s e as familias queirades aportar para Save the Children. 
 
 
Puede ser una imagen de 6 personas y texto
 Puede ser una imagen de 4 personas y texto
 
 
 
Neste vídeo recollimos a actividade da Carreira Solidaria
 
 


DÍA DA PAZ 2024 :CANCIÓN VIVAN LAS MANOS DE COLORES #bibliotecacreativa

Xaneiro é o mes no que conmemoramos o Dia da Paz. 
Durante este mes, fixemos variadas  actividades relacionadas coa Paz:

Canción: Vivan las manos de colores

 Aproveitando o libro "LA DANZA DE LAS MANOS" de Hervé Tullet, 


co que estiveron a traballar os alumnos de Educación Infantil, buscamos nas redes cancións relacionadasco tema. Atopamos unha canción que se titula "Vivan las manos de colores" de Hapening, e nos animamos a cantala no patio do cole.



#bibliotecacreativa

venres, 26 de xaneiro de 2024

Día da Paz 2024: "Valentina no cine"

 

PELÍCULA "VALENTINA" (CHELO LOUREIRO - GOYA Á MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN 2022) - MARUXAS DE NATA
Esta mañá, os nosos alumn@s tiveron a sorte de poder ver no Teatro Lauro Olmo a película "Valentina" da directora galega Chelo Loureiro, galardoada co Premio Goya 2022 a mellor película de animación.
 
Trátase dun agasallo que recibimos porque a nosa alumna Bianca García del Pont de 5ºA gañou o pasado Curso o Premio de debuxo "Eu tamén son diferente" (organizado pola empresa galega Maruxas de Nata). 
 

Valentina é unha nena con síndrome de Down e a película conta unha preciosa historia chea de ilusión, superación , integración e respecto. Ademáis soan unha chea de bonitas cancións que fixeron as delicias dos nenos e nenas que saíron encantados da proxección.
 
E como agasallo sorpresa tivemos tamén ocasión de ver e posar co propio Premio Goya acadado pola película o pasado ano, ademáis dunha lata chea de ricas galletas Maruxas de Nata para cada nen@ (galletas poucas chegarían a casa! 😅), marcapáxinas e algún CD coas cancións da película para escoitar no Colexio.
 
 Moitas grazas a Maruxas de Nata, aos Premios "Eu tamén son diferente" e a Chelo Loureiro por achegarnos esta marabillosa e emotiva historia.
Grazas tamén ao Concello do Barco por facer posible desfrutar desta película en pantalla xigante.
 


























































































 

xoves, 30 de xaneiro de 2020

Recollemos nesta entras as actividades realizadas no día da Paz

Visita emisora ONDA CERO para falar sobre "A Igualdade"








mércores, 30 de xaneiro de 2019

PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR "DE BOA MAÑÁ"


Para conmemorar o día da Paz, preparamos unha Maratón de temas relacionados coa Paz nun programa de Radio que tivo moito éxito.




MARATÓN DA PAZ 2019





Para conmemorar o Día da Paz, nos se nos ocurreu mellor idea que preparar un programa de radio onde tivese cabida todas as actividades realizadas polos nosos alumnos e profes. Aquí  tedes o resultado. Noraboa a todo@s



(1ª PARTE)


 PROGRAMA RADIO "DE BOA MAÑÁ!" - ESPECIAL DÍA DA PAZ

1.-ENTRADA (ALUMN@ DE 5º E.P.)
2.-PRESENTACIÓN (ALUMN@S DE 6º E.P.)
3.-ALUMN@S DE 2ºA E.P.
4.-ALUMN@S DE 2ºB E.P.
5.- ALUMN@S DE 3ºB E.P.
6.-ALUMN@S DE 4ºB E. P.
7.-ALUMN@S DE 4ºA E.P.
8.-ALUMN@S DE 5º A-B E.P.





2ª PARTE

 PROGRAMA RADIO "DE BOA MAÑÁ!" - ESPECIAL DÍA DA PAZ

1.-ENTREVISTA (EDUCADORA SOCIAL DO CONCELLO DO BARCO).

2.-ALUMN@S DE 3º A E.P.
3.-ALUMN@S DE 6ºB E.P.
4.- ALUMN@S DE 6ºA E.P.
5.- ALUMN@S DE 1º A/B E.P.
6.-ALUMN@S DE 4 ANOS B.
7.-ALUMN@S DE 5 ANOS.
8.- ALUMNOS DE 4 ANOS A.
9.- ALUMN@S AULA INMIGRANTES.
10.- DESPEDIDA.














xoves, 10 de xaneiro de 2019

XANEIRO: MES DA PAZ

XANEIRO: MES DA PAZ

Neste mes conmmemoramos o Día Da Paz. desde o blog da bibiioteca iremos propoñendo actividades, recursos, textos e libros recomendados para sconcienciarnos sobre o tema.

Unidade didáctica de Unicef:


 Unidade didáctica
Preme na imaxe



martes, 28 de xaneiro de 2014

NELSON MANDELA


NELSON MANDELA





CRONOLOXÍA DE NELSON MANDELA

18 de xullo de 1918
Nace Nelson Rolihlahla Mandela en Mvezo (Sudáfrica).
1944
Afilíase ao Congreso Nacional Africano (ANC).
1944
Funda, xunto con outros, a Liga Xuvenil do Congreso Nacional Africano (ANCYL).
1948
É elixido Secretario Nacional da ANCYL
1952
Lanzamento da campaña «Defiance» (Rebeldía), campaña masiva de desobediencia civil contra as leis inxustas.
Mandela foi elixido Voluntario nacional en xefe da campaña.
1956 a 1961
Mandela é un dos 156 acusados no xuízo por traizón.
21 de marzo de 1960
Matanza de Sharpeville, durante a cal 69 homes, mulleres e nenos foron asasinados e uns 200 resultaron feridos.
O goberno declara case de inmediato o estado de emerxencia e detén uns 18.000 que protestaban. O ANC é proscrito e Mandelapasa á clandestinidade.
1961
Formación do movemento armado do ANC, Umkhonto we Sizwe(«Punta de lanza da Nación»), con Mandela como comandante en xefe
1962
Mandela viaxa a outras partes de África e a Europa.
5 de agosto de 1962
Mandela é detido por saída ilegal do país e incitación á folga. É xulgado e condenado a cinco anos de cárcere.
xullo de 1963
Detención de destacados dirixentes do ANC en Rivonia e Mandela é acusado xunto con eles.
12 de xuño de 1964
Condenado a cadea perpetua e enviado a Robben Island(posteriormente é trasladado ao cárcere de Pollsmoor e logo ao cárcere Victor Verster).
1985
No medio de prolongadas protestas en masa contra o réxime de apartheid, o ANC inicia negociacións co goberno.
febreiro de 1990
Sae do cárcere.
1993
Recibe o Premio Nobel de la Paz (xunto con F.W. de Klerk).
27 de abril de 1994
Primeiras eleccións multirraciais celebradas en Sudáfrica con recoñecemento pleno do dereito ao voto, nas que o ANC gaña por unha gran maioría.
10 de maio de 1994
Toma de posesión como primeiro presidente democraticamente elixido de Sudáfrica, posto que ocupa durante un só mandato, ata 1999.
5 de decembro de 2013
Nelson Mandela faleceu en Johannesburgo aos 95 anos

NA BIBLIOTECA:


Temos  na biblioteca  a vosa disposición o libro "MIS CUENTOS AFRICANOS" de Nelson Mandela

Un libro donde Nelson Mandela recolle  os máis entrañables relatos antigos de África que retratan aos seres humanos, animaiss e seres fantásticos. Cada conto está retratado por 16 artistas africanos.








RECURSOS  NA REDE

Actividades sobre Mandela

- Caza do tesouro realizado por Xoaquín  Freixeiro para a aula

- Blog para profes e pais



COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe