Para conmmeorar o Día das Bibliotecas Escolares, o equipo de biblioteca propón decorar a árbore da entrada con temas relacionados coas Artes. Por iso escollemos as árbores de Kandisky, E para os marcapáxinas a Picasso e Mondrian e comezan a súa viaxe as mochilas viaxeiras
Biblioteca escolar - Territorio das
Artes" é o
lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás
bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o
lema anual.
A
imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as
lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este
"territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos
últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias
e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do
coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a
xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de
traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados
desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento
humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida
na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas
anualmente con está temática.
Biblioteca
escolar, territorio das Artes convida
a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por
achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar
o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza,
o teatro, a literatura, a
escultura, as
artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos
a descubrir o último vídeo de Agustín
Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da
aplicaciónAurasma de Realidade Aumentada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario