luns, 24 de outubro de 2016

Proxecto prehistoria

Recursos para traballar a Prehistoria
Libros da Biblioteca


Información



Libros Lim


Xogos

Os nenos de 5 anos tranballaron no 1º trimestre o proxecto da prehistoria.Coa información recollida elaboraron un libro.


















Kandinsky

   Libros da nosa bibliooteca   
                           
     Kandinsky

Conto


Cadros


luns, 17 de outubro de 2016

Biblioteca Escolar


Para conmmeorar o Día das Bibliotecas Escolares, o equipo de biblioteca  propón decorar a árbore da entrada con temas relacionados coas Artes. Por iso escollemos as árbores de Kandisky, E para os marcapáxinas a Picasso e Mondrian e comezan a súa viaxe as mochilas viaxeiras






Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da aplicaciónAurasma de Realidade Aumentada.








domingo, 9 de outubro de 2016

Día da Hispanidade

  O Día da Hispanidade conmemora a efemérides histórica do Descubrimento de América por parte de Cristóbal Colón. O Descubrimento de América en 1492 foi transcendental e o 12 de outubro considerouse como un día memorable porque a partir de entón iniciouse o contacto entre Europa e América, que culminou co chamado "encontro de dous mundos", que transforma as visións do mundo e as vidas tanto de europeos como de americanos, xa que grazas aos seus descubrimentos xestase a Colonización europea de América.

luns, 3 de outubro de 2016

ÁNGELES ALVARIÑO: ciéntifica galega

Hoxe, cúmprense 100 anos do nacemento
 da científica galega Ángeles Alvariño.

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (California) o 29 de maio de2005, foi unha oceanógrafa galega.

Un Ronsel de Ardora é publicación infantil dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa, como primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas, editada por LELA Edicións.

Enrique Mauricio e Carlos Taboada, Polo Correo do Vento SC.
A partir de 6 anos. Idioma galego.

Sinopse

María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas  e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.
ISBN 978-84-946043-0-0
Colección: 
Mulleres galegas 1
Ilustracións: cor 32 páxinas
Editorial: Lela Edicións
Tipoloxía: Infantil/Xuvenil

xoves, 29 de setembro de 2016

XA ESTAMOS EN MARCHA

Benvidos o blog da nosa biblioteca .Neste novo curso que acaba  de comezar pretendemos que este siga sendo un espazo onde se recollan proxectos e actividades relacionadas coas distintas competencias. Neste mes de outubro comezaremos a traballar nos distintos proxectos e actividades propostas dende a biblioteca e  as aulas. Esperamos e contamos coa vosa colaboración para mellorar entre tod@s  o blog da nosa biblioteca.


               Saúdos do Equipo da Biblioteca

domingo, 18 de setembro de 2016

SETEMBRO: COMEZA A ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA


Na primeira quincena de setembro o Equipo de Biblioteca reúnese para poñernos en marcha. Convocamos aos alumnos que queren vir a formar parte do Equipo como axudantes.








xoves, 9 de xuño de 2016

LAS RECETAS DE 3º A

LAS RECETAS DE 3º A

Os alumnos de 3º elaboraron un libros coas receitas dos platos que máis lles gustaban


LOS COCHES QUE HICIERON HISTORIA

Os alumnos de 3º de Primaria investigaron sobre os coches máis rapidos do mundo e fieron un libro


mércores, 8 de xuño de 2016

Caderno de Arte

Os nenos e nenas de 4 anos realizaron ó longo do curso un caderno de arte.
 As súas creacións:




Libros de Arte da nosa biblioteca


O seu caderno de arte

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe