O día 22 de marzo celebramos o día da auga.A auga é un recurso necesario para vida e que usamos en innumerables actividades cotiás pero non é un recurso ilimitado polo que debemos coidalo.Este ano as actividades que levaremos a cabo nas aulas para conmemorar este día teran como obxectivo reflexionar sobre os usos da auga e promover o seu consumo responsable.
domingo, 22 de marzo de 2020
mércores, 11 de marzo de 2020
XORNALISTAS NA ESCOLA
Aqui tedes a recompilación dos traballos de investigación recollidos no xornal escolar La Región
domingo, 8 de marzo de 2020
MENUDA TROPA:PROGRAMA DE RADIO ONDA CERO
Aquí temos o audio/vídeo coa participación de alumn@s de 6º de primaria no programa "Menuda Tropa" de Onda Cero Valdeorras falando da Igualdade, o respecto e a coeducación.
Noraboa nen@s e moitas grazas Onda Cero/Somos Comarca!!
venres, 21 de febreiro de 2020
ROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA DE CASTRO: 24 DE FEBREIRO
Nesta entrada atoparás todos os recursos sobre a nosa Rosalía, quen foi, onde vivíu, as súas poesías, as poesías cantadas.....
VIDA E OBRA (Preme no título)
Biografía para niños
Biografía para niños
Draw My Life (Preme aquí)
CANCIÓNS
Adiós ríos, adiós fontes
"ROSALÍA PEQUENIÑA" é o título do novo Libro-disco de Uxía
Adiós ríos, adiós fontes
"ROSALÍA PEQUENIÑA" é o título do novo Libro-disco de Uxía
xoves, 30 de xaneiro de 2020
DÍA DA PAZ 2020
Recollemos neste vídeo as actividades realizadas para conmemorar o dia da paz no colexio, xunto co Programa de Radio escolar.
30 DE XANEIRO: DÍA DA ILUSTRACIÓN
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Cándido Fernández Mazas, artista e escritor que, na súa curta vida, tivo unha produción prolífica que lle levou a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións Pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de monicreques.
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Cándido Fernández Mazas, artista e escritor que, na súa curta vida, tivo unha produción prolífica que lle levou a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións Pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de monicreques.
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes máis aló dun complemento da escrita.
Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Xulia Pisón, autora do cartel deste ano do que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas, astronómicas ...
xoves, 9 de xaneiro de 2020
DE VOLTA Á BIBLIO
Bo día a tod@s. Xa estamos de volta na bilio, e empezamos a traballar nela, despois dunhas merecidas vacacións toca regresar e para que todos esteamos organizados, haberá que darlle unha volta a bilbioteca para que todo esté no seu sitio e atopemos as cousas aá primeira como sempre.
Anímaste??Algúns xa comezaron....
venres, 20 de decembro de 2019
CORO DO CEIP JULIO GURRIARÁN - PANXOLIÑAS 2019
PANXOLIÑA: IMOS CANTAR O NADAL
CANCIÓN: QUE BONITO ES QUERER
mércores, 18 de decembro de 2019
FELICITACIÓN DO NADAL
Os profes de música, xunto cos todos os alumnos e coa colaboración de todos os profes,realizaron unha adaptación da canción Que bonito es querer de Manuel Carrasco para toda a comunidade educativa. Disfrutade con ela e
Feliz Nadal!!!
martes, 10 de decembro de 2019
RECIBIMOS A VISITA DE SUSA HERRERA!
O pasado mércores recibimos unha
visita moi especial no noso cole que nos puxo a bailar e cantar a todos. Ela é
Susa Herrera, mestra da área de “didáctica da expresión musical” da
Universidade de Santiago de Compostela (entre 1988 e 1990) e da Universidade de Vigo (dende 1990
ata 2017) e cunha experiencia docente ininterrumpida dende 1982.
Nesta ocasión acudiu ó noso
centro como cantautora para amosarnos algunhas das cancións rítmicas incluídas na
súa obra “En Cabárceno rugidos y canciones” (2015).
Neste día, o alumnado de educación primaria e de sexto curso de educación infantil atendemos ó ritmo profundizando na
aprendizaxe de diferentes animais como foi o caso da Mona de Xibraltar, sendo esta a única da súa especie
que vive en liberdade en Europa. Velaquí deixamos un anaco de vídeo para amosar un pequeno exemplo.
(AÑADIR VÍDEO).
Estivemos tan atentos que soubemos seguir o ritmo á perfección, atendendo en todo momento as indicacións de Susa.
Ó remate houbo quen se animou a
subir ó escenario para facer unha última canción con Susa e, mesmo fixemos unha foto xuntos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











