O pasado mércores recibimos unha
visita moi especial no noso cole que nos puxo a bailar e cantar a todos. Ela é
Susa Herrera, mestra da área de “didáctica da expresión musical” da
Universidade de Santiago de Compostela (entre 1988 e 1990) e da Universidade de Vigo (dende 1990
ata 2017) e cunha experiencia docente ininterrumpida dende 1982.
Nesta ocasión acudiu ó noso
centro como cantautora para amosarnos algunhas das cancións rítmicas incluídas na
súa obra “En Cabárceno rugidos y canciones” (2015).
Neste día, o alumnado de educación primaria e de sexto curso de educación infantil atendemos ó ritmo profundizando na
aprendizaxe de diferentes animais como foi o caso da Mona de Xibraltar, sendo esta a única da súa especie
que vive en liberdade en Europa. Velaquí deixamos un anaco de vídeo para amosar un pequeno exemplo.
(AÑADIR VÍDEO).
Estivemos tan atentos que soubemos seguir o ritmo á perfección, atendendo en todo momento as indicacións de Susa.
Ó remate houbo quen se animou a
subir ó escenario para facer unha última canción con Susa e, mesmo fixemos unha foto xuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario