venres, 21 de febreiro de 2020

ROSALÍA DE CASTRO



ROSALÍA DE CASTRO: 24 DE FEBREIRO

Nesta entrada atoparás todos os recursos sobre a nosa Rosalía, quen foi, onde vivíu, as súas poesías, as poesías cantadas.....

VIDA E OBRA (Preme no título)

Biografía para niños

Draw My Life (Preme aquí)



CANCIÓNS



Adiós ríos, adiós fontes





"ROSALÍA PEQUENIÑA" é o título do novo Libro-disco de Uxía




xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ 2020


Recollemos neste vídeo as actividades realizadas para conmemorar o dia da paz no colexio, xunto co Programa de Radio escolar.






           30 DE XANEIRO: DÍA DA ILUSTRACIÓN



Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Cándido Fernández Mazas, artista e escritor que, na súa curta vida, tivo unha produción prolífica que lle levou a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións Pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de monicreques.
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun complemento da escrita.
Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Xulia Pisón, autora do cartel deste ano do que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas, astronómicas ... 






Recollemos nesta entras as actividades realizadas no día da Paz

Visita emisora ONDA CERO para falar sobre "A Igualdade"








xoves, 9 de xaneiro de 2020

DE VOLTA Á BIBLIO

Bo día a tod@s. Xa estamos de volta na bilio, e empezamos a traballar nela, despois dunhas merecidas vacacións toca regresar e para que todos esteamos organizados, haberá que darlle unha volta a bilbioteca para que todo esté no seu sitio e atopemos as cousas aá primeira como sempre.

Anímaste??Algúns xa comezaron....









mércores, 18 de decembro de 2019

FELICITACIÓN DO NADAL

Os profes de música, xunto cos todos os alumnos e coa colaboración de todos os profes,realizaron unha adaptación  da canción Que bonito es querer de Manuel Carrasco para toda a comunidade educativa. Disfrutade con ela e
 Feliz Nadal!!!




martes, 10 de decembro de 2019

RECIBIMOS A VISITA DE SUSA HERRERA!

O pasado mércores recibimos unha visita moi especial no noso cole que nos puxo a bailar e cantar a todos. Ela é Susa Herrera, mestra da área de “didáctica da expresión musical” da Universidade de Santiago de Compostela (entre 1988 e  1990) e da Universidade de Vigo (dende 1990 ata 2017) e cunha experiencia docente ininterrumpida dende 1982.


Nesta ocasión acudiu ó noso centro como cantautora para amosarnos algunhas das cancións rítmicas incluídas na súa obra “En Cabárceno rugidos y canciones” (2015). 



Neste día, o alumnado de educación primaria e de sexto curso de educación infantil atendemos ó ritmo profundizando na aprendizaxe de diferentes animais como foi o caso da Mona de Xibraltar, sendo esta a única da súa especie que vive en liberdade en Europa. Velaquí deixamos un anaco de vídeo para amosar un pequeno exemplo. 

(AÑADIR VÍDEO).

Estivemos tan atentos que soubemos seguir o ritmo á perfección, atendendo en todo momento as indicacións de Susa.









Ó remate houbo quen se animou a subir ó escenario para facer unha última canción con Susa e, mesmo fixemos unha foto xuntos.


Dende o equipo damos as grazas a Susa Herrera pola súa visita e aproveitamos para deixar por aquí a súa páxina Web oficial para os interesados en obter máis información: https://www.susaherrera.com/

luns, 25 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO: Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer,

Este mes de novembro, temos un montón de conmemoracións importantes.

 O día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha das máis importantes. Aquí tedes a páxina proposta por Bibliotecas Escolares.





16 días de activismo contra la violencia de género - Generación Igualdad se opone a la violación


16 días de activismo contra la violencia de género

 (Pincha neste enlace)



20 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA


CLIA 2019: CONSELLO LOCAL DA INFANCIA E ADOLESECENCIA
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                     
Con motivo da celebración o vindeiro mércores 20 de novembro do Día Internacional da Infancia, o Teatro Lauro Olmo do Barco acolleu un acto de celebración e conmemoración cos alumnos de primaria de todos os centros de O Barco. A partir das 11 horas,


As investigacións centráronse en analizar a evolución dos xogos, os traballos, a escola e a comunicación desde os anos 40, e ata chegar á actualidade, tratando de determinar as razóns destas mudanzas. O acto organizado polo Concello no Teatro Lauro Olmo dará a oportunidade aos escolares de compartir neste acto o seu traballo e de relacionalo cos dereitos da infancia, na conmemoración do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.
No acto estarán presentes o alcalde do Barco, Alfredo García, e o concelleiro de Servizos Sociais, Orlando Saavedra, e contarase como mestres de cerimonia coas integrantes no Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) do Barco, creado a principios deste ano. Elas guiarán a xornada e exporán os avances que levan feito e, ademais, explicarán como entenden a participación no municipio, segundo se adianta dende o Concello do Barco.
Os nenos do noso centro presentaron o seu traballo de investigación sobre a historia dos medios de comunicación dende os anos 60 ata a actualidade. Entrevistaron a xornalostas locais para informarse, recollémolo no seguinte vídeo:




COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe