domingo, 6 de novembro de 2016
Contos clásicos con finais alternativos
Os alumnos de 6º de primaria traballaron finais alternativos para os contos clásicos. Anímate a lelos. Verás que divertidos
(Preme nos títulos)
Rapunzel
La Bella Durmiente
La Bella y la Bestia
Caperucita Roja
RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO
Xa chegou o outono!.Aquí tedes unha serie de recursos que atopamos na rede para traballar o outono e o magosto.
- Información sobre o magosto.
- Libros Lim A Castañeira, A castaña que rebentou de risa
- O conto "A castaña que rebentou de risa"
- canción ¡ Vivan las castañas!
Tres castañas polo chan
- El Otoño ( Gobierno de Canarias)
- Cuento La Castañera
La castaña que reventó de risa
RECURSOS PARA PRIMARIA (PINCHA NA IMAXE)
mércores, 2 de novembro de 2016
Día de las bibliotecas escolares
Para adornar a nosa árbore da biblioteca os nenos e nenas fixeron flores nas que escribiron o título dunha canción.
luns, 24 de outubro de 2016
Proxecto prehistoria
Recursos para traballar a Prehistoria
Libros da Biblioteca
Información
Libros Lim
Xogos
luns, 17 de outubro de 2016
Biblioteca Escolar
Para conmmeorar o Día das Bibliotecas Escolares, o equipo de biblioteca propón decorar a árbore da entrada con temas relacionados coas Artes. Por iso escollemos as árbores de Kandisky, E para os marcapáxinas a Picasso e Mondrian e comezan a súa viaxe as mochilas viaxeiras
Biblioteca escolar - Territorio das
Artes" é o
lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás
bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o
lema anual.
A
imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as
lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este
"territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos
últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias
e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do
coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a
xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de
traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados
desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento
humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida
na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas
anualmente con está temática.
Biblioteca
escolar, territorio das Artes convida
a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por
achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar
o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza,
o teatro, a literatura, a
escultura, as
artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos
a descubrir o último vídeo de Agustín
Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da
aplicaciónAurasma de Realidade Aumentada.
domingo, 9 de outubro de 2016
Día da Hispanidade
O Día da Hispanidade conmemora a efemérides histórica do
Descubrimento de América por parte de Cristóbal Colón. O Descubrimento de
América en 1492 foi transcendental e o 12 de outubro considerouse como un día
memorable porque a partir de entón iniciouse o contacto entre Europa e América,
que culminou co chamado "encontro de dous mundos", que transforma as
visións do mundo e as vidas tanto de europeos como de americanos, xa que grazas
aos seus descubrimentos xestase a Colonización europea de América.
luns, 3 de outubro de 2016
ÁNGELES ALVARIÑO: ciéntifica galega
Hoxe, cúmprense 100 anos do nacemento
da científica galega Ángeles Alvariño.

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (California) o 29 de maio de2005, foi unha oceanógrafa galega.
Un Ronsel de Ardora é publicación infantil dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa, como primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas, editada por LELA Edicións.

Enrique Mauricio e Carlos Taboada, Polo Correo do Vento SC.
A partir de 6 anos. Idioma galego.
Sinopse
María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.
ISBN 978-84-946043-0-0
Colección:
Mulleres galegas 1
Ilustracións: cor 32 páxinas
Editorial: Lela Edicións
Tipoloxía: Infantil/Xuvenil
Xénero: Álbum/Libro ilustrado
domingo, 2 de outubro de 2016
xoves, 29 de setembro de 2016
XA ESTAMOS EN MARCHA
Benvidos o blog da nosa biblioteca .Neste novo curso que acaba de comezar pretendemos que este siga sendo un espazo onde se recollan proxectos e actividades relacionadas coas distintas competencias. Neste mes de outubro comezaremos a traballar nos distintos proxectos e actividades propostas dende a biblioteca e as aulas. Esperamos e contamos coa vosa colaboración para mellorar entre tod@s o blog da nosa biblioteca.
Saúdos do Equipo da Biblioteca
domingo, 18 de setembro de 2016
SETEMBRO: COMEZA A ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA
Na primeira quincena de setembro o Equipo de Biblioteca reúnese para poñernos en marcha. Convocamos aos alumnos que queren vir a formar parte do Equipo como axudantes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






