venres, 26 de xaneiro de 2024

Día da Paz 2024: "Valentina no cine"

 

PELÍCULA "VALENTINA" (CHELO LOUREIRO - GOYA Á MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN 2022) - MARUXAS DE NATA
Esta mañá, os nosos alumn@s tiveron a sorte de poder ver no Teatro Lauro Olmo a película "Valentina" da directora galega Chelo Loureiro, galardoada co Premio Goya 2022 a mellor película de animación.
 
Trátase dun agasallo que recibimos porque a nosa alumna Bianca García del Pont de 5ºA gañou o pasado Curso o Premio de debuxo "Eu tamén son diferente" (organizado pola empresa galega Maruxas de Nata). 
 

Valentina é unha nena con síndrome de Down e a película conta unha preciosa historia chea de ilusión, superación , integración e respecto. Ademáis soan unha chea de bonitas cancións que fixeron as delicias dos nenos e nenas que saíron encantados da proxección.
 
E como agasallo sorpresa tivemos tamén ocasión de ver e posar co propio Premio Goya acadado pola película o pasado ano, ademáis dunha lata chea de ricas galletas Maruxas de Nata para cada nen@ (galletas poucas chegarían a casa! 😅), marcapáxinas e algún CD coas cancións da película para escoitar no Colexio.
 
 Moitas grazas a Maruxas de Nata, aos Premios "Eu tamén son diferente" e a Chelo Loureiro por achegarnos esta marabillosa e emotiva historia.
Grazas tamén ao Concello do Barco por facer posible desfrutar desta película en pantalla xigante.
 


























































































 

Ningún comentario:

Publicar un comentario