A lectura é unha ventá aberta ao mundo que contribúe ao desenvolvemento integral da persoa a nivel cognitivo, afectivo, comunicativo e expresivo. Un obxectivo moi importante é que os nosos alumnos/as aprendan a amar a lectura e que a vexan como unha maneira para divertirse e entreterse.
Non cabe dúbida de que a lectura é a base da aprendizaxe; por tanto, é importante fomentar o gusto e o interese pola mesma de forma que os alumnos incorporen esta actividade na súa rutina diaria.
O bo lector non nace, senon que se fai. Así, para chegar a ser bos lectores desde a biblio propoñemos que se adique diariamente un momento especial "HORA DE LER" para exercitar a lectura.
Como podedes ver, cada aula, dedica 15 minutos diarios á lectura:
OS ALUMNOS/AS DE 1º
OS ALUMNOS/AS DE 2º
OS ALUMNOS/AS DE 3º A DE E.P
OS ALUMNOS/AS DE 3º B DE E.P
Ningún comentario:
Publicar un comentario