venres, 28 de outubro de 2022

SEMANA DE HALLOWEEN

 

 

A TEACHER:

 SARA ÁLVAREZ CARRERA

LEVOU A CABO AS SEGUINTES 

ACTIVIDADES COS SEUS 

ALUMN@S: 




A semana do luns 24 de outubro ao venres 28 de outubro realizáronse no centro diferentes actividades relacionadas con Halloween, incluíndo a celebración do día das bibliotecas escolares, que foi o mesmo luns 24, no cal xa se deixou constancia ao alumnado de que a temática da biblioteca deste ano sería a de Harry Potter e o seu universo. 

Nas horas de plástica propúxoselles aos seguintes grupos a elaboración dun marcapáxinas: 
- Segundo de Primaria A -
Segundo de Primaria B
- Terceiro de Primaria A -
Terceiro de Primaria B
- Cuarto de Primaria Ao

Devandito marcapáginas tiña que ser decorado coa temática de Halloween, creando un propio monstro ou criatura, facer unha adaptación de algo xa coñecido, ... 

O resultado destas pequenas obras de arte é o seguinte: 
Segundo A: 







(Óscar no vino el día que hicimos los marcapáginas pero lo hizo el
miércoles 26)
Segundo B:



Tercero A:





Tercero B:




Cuarto A:



A continuación farase constancia dos obxectivos que se pretendían obter coa actividade, que afortunadamente, na súa maioría total cumpríronse.

2. OBXECTIVOS A ALCANZAR

- Potenciar a creatividade do alumnado, co uso dunha temática que sempre resulta rechamante para eles e elas, que neste caso é Halloween.
- Utilizar distintos métodos de pintura e de debuxo: uso de ceras, lapis de cores e rotuladores para o desenvolvemento da actividade.
- Fomentar a imaxinación, facendo que pensen en que criatura queren crear a partir dos seus propios gustos.
- Participar activamente en todo momento e chegar ao resultado desexado.
- Desenvolver os conceptos de cooperación e de compañeirismo, ao ser aulas cunha diversidade de mentes, pódense axudar e en todo momento ser atendidos pola profesora.
- Establecer unha comunicación directa, na cal quede claro o que se quere conseguir coa actividade.
- Promover a autonomía do alumnado e facerlles sentir seguros e seguras de si mesmos e mesmas, facéndolles ver que o seu traballo é importante.
- Ter claro que a motivación é o latexado de cada actividade, exercicio, etc.

3. BENEFICIOS PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR

a) Ter un marcapáginas de creación propia pode axudar á hora de querer ler máis e de ter un interese maior na lectura.
b) Todo o que estea relacionado coa lectura pódese levar ao ámbito educativo, xa sexan as conmemoracións ou celebracións anuais, como Halloween, Nadal, Semana Santa, ...
c) Cando o alumnado fai unha actividade orixinal sempre é beneficioso en todos os factores, xa que se un neno ou unha nena está contento/a realizando unha actividade, os índices de éxito para a mesma son maioritarios.
d) O ir á biblioteca escolar co seu propio marcapáginas e ver un libro que lles chame a atención e levarllo a casa e compartilo coa súa familia, é un momento especial.
e) Ver cada vez que abran as páxinas dalgún libro, algo que crearon eles/as mesmos/as failles sentir importantes.
f) Unha vez que o alumando afaga ir á biblioteca e a ler, converterase nun hábito saudable para o seu desenvolvemento cognitivo e emocional.

4. CONCLUSIÓNS

1. Considero un acerto facer en todo momento algo relacionado coa lectura, todo o que leve ao alumnado a unha atmosfera lectora é unha boa elección.
2. A creatividade, a imaxinación e a motivación teñen que ir sempre da man.


5. UNHA REFLEXIÓN final

Ve á biblioteca e atoparás un lugar para soñar, abre un libro e coñece novos mundos e le, serás máis feliz.


OUTRAS ACTIVIDADES QUE LEVARON A CABO


Traballouse a temática de Hallowen a través de cancións, adiviñas, contos como:











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...