domingo, 22 de maio de 2022

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OS BOLECHAS

 CERTAME DE FOTOGRAFÍA. 

Os Bolechas e Grelo Comunicación poñen en marcha un Concurso Escolar de Entroido para centros de infantil e primaria de toda Galicia. A participación é moi sinxela. As aulas que desexen participar deberán enviar unha foto relacionada co Entroido acompañada dun título ao correo electrónico: osbolechas@osbolechas.com.

Pode ser unha foto da toda a clase disfrazada ou traballando calquera tema relacionado co carnaval, un detalle do entroido, un disfrace da zona, un prato típico destas datas... Todo vale con tal de coñecer como están celebrando as nenas e nenos de Galicia esta data tan divertida.

Algunhas das imaxes serán publicadas nas redes sociais dos Bolechas pero todas as enviadas recibirán un diploma de participación e entrarán no sorteo de 20 fantásticos agasallos, entre os que hai material informático, discos dos Bolechas e lotes de libros da popular familia de bonecos.

O prazo para enviar as fotos estará aberto desde o vindeiro luns 21 de febreiro ata o venres 4 do seguinte mes de marzo. A continuación farase o sorteo entre todas as fotos recibidas. Máis información na páxina web dos Bolechas: https://bit.ly/3GOHenB


Ningún comentario:

Publicar un comentario