Continuamos co
Club de Lectura virtual para o alumnado de 5º e 6º de primaria, ao
dispoñer de equipos informáticos persoais e conexión a internet ao estar
inmersos no programa Edixgal.
Comezamos con un club de
lectura de profes
E neste curso o fio conductor
tanto nas lecturas dos nenos coma dos profes, foi a biografía e obra poética de
Florencio Delgado Gurriarán. ´
- Comezamos coa lectura da
sua biografía e antoloxía poetica:
Club
de profes: Obra poética, Ed. Xerais
Antoloxía poética, ed Xerais
Clubs de nenos:- Polos vieros
da saudade, Ed Xerais
- Vida e obra dun poeta no exilio mexicano, ed.
Xerais
Despois contactamos co
historiador Ricardo Gurriarán familiar
de Florencio, e nos achegou a vida de Florencio, un percorrido desde a súa
estancia en Córgomo ata o seu exilio.
Seguidamente nos pareceu boa
idea pintar un mural no colexio que rememoraba todos estes pasos da súa vida, e
contactamos con un artista local Pedro Aarón
Álvarez Pérez Orde Caos, https://www.instagram.com/orde.caos/?hl=es
Concretamos una entrevista con
Pedro e a TVG cando gravan no cole os videos para o programa “A Primavera das
Letras”, onde nos conta cal é o seu traballo
A súa vez contactamos co Xornal
da comarca O Sil onde lle farán una entrevista para falar sobre o significado
do seu mural, que sairá no més que ven.
No mes de abril e con motivo do
Día do Libro, aproveitamos para ler poesía de Florencio no noso rincón.
https://bibliogurriaran.blogspot.com/2022/04/23-de-abril-mes-do-libro.html
Visita a Córgomo, onde
naceu e vivíu Florencio
O club de lectura de profes invitamos unha tarde a finais de maio, a todos os nosos compañeiros do claustro por se querían acompañarnos a Córgomo. Alí visitamos a casa onde naceu, onde viviu, os murais que se fixeron de Florencio, tamén fixemos lectura dunha poesía de Florencio e cantamos a adaptación musical de “Ahí ven o maio”
Ningún comentario:
Publicar un comentario