luns, 30 de maio de 2022

CLUB DE LECTURA: O ANO DE FLORENCIO

Continuamos co Club de Lectura virtual para o alumnado de 5º e 6º de primaria, ao dispoñer de equipos informáticos persoais e conexión a internet ao estar inmersos no programa Edixgal.

Comezamos con un club de lectura de profes

E neste curso o fio conductor tanto nas lecturas dos nenos coma dos profes, foi a biografía e obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. ´

  • Comezamos coa lectura da sua biografía e antoloxía poetica:

Club de profes: Obra poética, Ed. Xerais

                        Antoloxía poética, ed Xerais

Clubs de nenos:- Polos vieros da saudade, Ed Xerais

-  Vida e obra dun poeta no exilio mexicano, ed. Xerais         





Despois contactamos co historiador Ricardo Gurriarán  familiar de Florencio, e nos achegou a vida de Florencio, un percorrido desde a súa estancia en Córgomo ata o seu exilio.

Seguidamente nos pareceu boa idea pintar un mural no colexio que rememoraba todos estes pasos da súa vida, e contactamos con un artista local Pedro Aarón  Álvarez Pérez Orde Caos, https://www.instagram.com/orde.caos/?hl=es

Concretamos una entrevista con Pedro e a TVG cando gravan no cole os videos para o programa “A Primavera das Letras”, onde nos conta cal é o seu traballo


            https://youtu.be/cfqUI9xt6tQ

A súa vez contactamos co Xornal da comarca O Sil onde lle farán una entrevista para falar sobre o significado do seu mural, que sairá no més que ven.

https://www.osil.info/o-ceip-julio-gurriaran-do-barco-inaugura-un-mural-adicado-a-florencio-e-obra-de-ordecaos/

No mes de abril e con motivo do Día do Libro, aproveitamos para ler poesía de Florencio no noso rincón.

https://bibliogurriaran.blogspot.com/2022/04/23-de-abril-mes-do-libro.html

 

Visita a Córgomo, onde naceu e vivíu Florencio

O club de lectura de profes invitamos unha tarde a finais de maio, a todos os nosos compañeiros do claustro por se querían acompañarnos a Córgomo. Alí visitamos a casa onde naceu, onde viviu, os murais que se fixeron de Florencio, tamén fixemos lectura dunha poesía de Florencio e cantamos a adaptación musical de “Ahí ven o maio”


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...