luns, 30 de maio de 2022

CLUB DE LECTURA: O ANO DE FLORENCIO

Continuamos co Club de Lectura virtual para o alumnado de 5º e 6º de primaria, ao dispoñer de equipos informáticos persoais e conexión a internet ao estar inmersos no programa Edixgal.

Comezamos con un club de lectura de profes

E neste curso o fio conductor tanto nas lecturas dos nenos coma dos profes, foi a biografía e obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. ´

  • Comezamos coa lectura da sua biografía e antoloxía poetica:

Club de profes: Obra poética, Ed. Xerais

                        Antoloxía poética, ed Xerais

Clubs de nenos:- Polos vieros da saudade, Ed Xerais

-  Vida e obra dun poeta no exilio mexicano, ed. Xerais         





Despois contactamos co historiador Ricardo Gurriarán  familiar de Florencio, e nos achegou a vida de Florencio, un percorrido desde a súa estancia en Córgomo ata o seu exilio.

Seguidamente nos pareceu boa idea pintar un mural no colexio que rememoraba todos estes pasos da súa vida, e contactamos con un artista local Pedro Aarón  Álvarez Pérez Orde Caos, https://www.instagram.com/orde.caos/?hl=es

Concretamos una entrevista con Pedro e a TVG cando gravan no cole os videos para o programa “A Primavera das Letras”, onde nos conta cal é o seu traballo


            https://youtu.be/cfqUI9xt6tQ

A súa vez contactamos co Xornal da comarca O Sil onde lle farán una entrevista para falar sobre o significado do seu mural, que sairá no més que ven.

https://www.osil.info/o-ceip-julio-gurriaran-do-barco-inaugura-un-mural-adicado-a-florencio-e-obra-de-ordecaos/

No mes de abril e con motivo do Día do Libro, aproveitamos para ler poesía de Florencio no noso rincón.

https://bibliogurriaran.blogspot.com/2022/04/23-de-abril-mes-do-libro.html

 

Visita a Córgomo, onde naceu e vivíu Florencio

O club de lectura de profes invitamos unha tarde a finais de maio, a todos os nosos compañeiros do claustro por se querían acompañarnos a Córgomo. Alí visitamos a casa onde naceu, onde viviu, os murais que se fixeron de Florencio, tamén fixemos lectura dunha poesía de Florencio e cantamos a adaptación musical de “Ahí ven o maio”


domingo, 22 de maio de 2022

PROXECTO VEXO VEO XACOBEO

 

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Recollemos nesta entrada moitas e variadas actividades realizadas para homenaxear ao noso poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán: 

Lecturas da súa vida e obras, lectura das súas poesías, cancíón do poema "Ahí ven o maio", arreglos musicacis realizados polo noso compañeiro Nacho Hermida ;  mural de Florencio realizado por Pedro Aarón Álvarez artista tamén valdeorrés....

Que ano máis enriquecedor!!!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OS BOLECHAS

 CERTAME DE FOTOGRAFÍA. 

Os Bolechas e Grelo Comunicación poñen en marcha un Concurso Escolar de Entroido para centros de infantil e primaria de toda Galicia. A participación é moi sinxela. As aulas que desexen participar deberán enviar unha foto relacionada co Entroido acompañada dun título ao correo electrónico: osbolechas@osbolechas.com.

Pode ser unha foto da toda a clase disfrazada ou traballando calquera tema relacionado co carnaval, un detalle do entroido, un disfrace da zona, un prato típico destas datas... Todo vale con tal de coñecer como están celebrando as nenas e nenos de Galicia esta data tan divertida.

Algunhas das imaxes serán publicadas nas redes sociais dos Bolechas pero todas as enviadas recibirán un diploma de participación e entrarán no sorteo de 20 fantásticos agasallos, entre os que hai material informático, discos dos Bolechas e lotes de libros da popular familia de bonecos.

O prazo para enviar as fotos estará aberto desde o vindeiro luns 21 de febreiro ata o venres 4 do seguinte mes de marzo. A continuación farase o sorteo entre todas as fotos recibidas. Máis información na páxina web dos Bolechas: https://bit.ly/3GOHenB


Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...