Como cada ano a Real Academia Galega celebra o 17 de maio o Día das Letras Galegas, unha data especial e moi sinalada no almanaque para Galicia. Neste ano 2020 o homenaxeado foi Ricardo Carvalho Calero, porén polas circunstancias vividas pola pandemia da Covid-19 non puido ser celebrado con todo o seu entusiamo. É por iso que a Real Academia Galega decidiu pospor o evento ao 31 de outubro.
Dende Bibliogurriarán volvemos a lembrar a figura que Ricardo Carvalho Calero a través da participación do alumnado do curso 2019-2020 mediante o marabilloso vídeo que fixemos grazas á vosa colabroación.
Aquí vos deixamos tamén esta homenaxe feita por Arraianos Producións a Ricardo Carvalho Calero en forma de curtametraxe de animación duns 3 minutiños.
O espazo 'A trabe de Ouro' da Televisión de Galicia recolleu unha das últimas entrevistas feitas a Ricardo Carvalho Calero en vida, onde podemos atopar información persoal de relevancia que pon de manifesto a súa entrega pola cultura e a lingua galega,
E xa para rematar esta nova lembranza á figura de Ricardo Carvalho Calero, a través do Portal das Palabras, podedes acceder a moita información de interese sobre a súa contribución e vinculación ao teatro.
E lembra... Non deixes de ler, podes atopar nas nosa biblioteca unha chea de títulos do teu interese, e se o desexas podes seguir a plataforma Elbe-2 cunha morea de libros den formato dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario