sábado, 16 de maio de 2020

Club das lerchiñas | Contacontos en liña




Como nos gusta xuntarnos en familia na casa ao redor dunha boa historia! E se estas veñen das mellores contadoras de Galicia, xa estamos ante un deses plans de sábado a non perder!
A Cidade da Cultura bota a andar o selecto e divertido Club das Lerchiñas con creadoras ou fiadoras deses relatos que tanto nos prestan, deses que dá igual que sexas avoa, papá ou rapazada, porque te engaiolan independemente da idade que teñas e non te soltan ata escoitar o de colorín colorado, dá este conto por rematado.


-----------------------------------------------------------

Po e Xía  é un conto creado polas poetas María Lado, que se encargou da escrita, e Lucía Aldao que fixo as cancións. Con el, as escritoras queren homenaxear a todas as autoras e autores que coas súas obras converten a infancia nun territorio especial e único. Está dirixido a nenas e nenos a partir de seis anos.


----------------------------------------------------------- 

Bea Campos é actriz, narradora e directora teatral. Licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro. Dende moi nova comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e puido levar os seus contos ata o outro lado do mar, participando como o Festival de Artes Escénicas del Caribe en Colombia.

Actualmente forma parte da compañía Migallas Teatro cos espectáculos “Entre arrolos e contiños” “Contos nas orellas” “Orella Pendella” e “Contos da mesa de noite”. Tamén participa na canle de difusión de literatura infantil Kalandraka TV achegando o mundo do libro a nenos e maiores.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...