luns, 4 de maio de 2020

CHEGAN OS MAIOS...


A festa da chegada da primavera, Os Maios, celébrase a finais de abril e principios do mes de maio. Consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou estrutura, chamada maio, cun armazón ou esqueleto de paus ou táboas de forma cónica ou piramidal, recuberto de tea metálica, que se cobre de musgo, fiúncho ou herba. 
A armazón constrúese sobre unha plataforma que, a modo de padiola, permite transportar o maio polas rúas do pobo ou da vila. Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fentos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. O cumio remata cunha coroa cunha cruz. 
Hoxe en día a imaxinación popular tamén constrúe maios con figuras máis variadas, como pontes, hórreos, cruceiros, casas, animais, figuras humanas...
A celebración dos Maios está afincada en moitas vilas e cidades galegas, e moitas delas cunha características moi peculiares. 





Pero calquer celebración non é tal sen música, polo que compartimos con vós algunhas melodías feitas con moito agarimo para Os Maios. 




Este ano a súa celebración vai ser un poco diferente ao non poder ir ao cole. Dende o Concello de O Barco propoñen a seguinte actividade:

FESTA DOS MAIOS DO BARCO, NAS REDES
Este ano non se pode celebrar a Festa dos Maios, máis o Concello do Barco quere que a data teña un lugar no espazo virtual, como un canto á primavera e a vida ao aire libre, coa esperanza de que pronto se recupere plenamente. Por iso, propoñemos a toda a veciñanza que publiquen nos seus perfís de facebook ou instagram algo sobre os Maios do Barco, co hashtag #maiosdobarco.


Lembra como foron Os Maios do ano pasado?




















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...