venres, 29 de maio de 2020

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN: ESTILOS MUSICAIS: 5º PRIMARIA


Mirade que traballos de investigación fixeron os alumnos de 5º de Primaria sobres distintos estilos  musicais!!!, utilizando distintas técnicas: padlet, glodster, pdf, word...





Álvaro Hermida Escuredo 5º B






Lara Pérez  Rodríguez  5ºA


      Diego Fernández Ortiz 5ºA




SOUL E  POP de Diego Fernández Ortiz

Preme aquí: 









Lara Pérez  Rodríguez  5ºA


SOUL E POP 

Preme aquí de Diego Fernández Ortiz







Lara Pérez  Rodríguez  5ºA




Lara Pérez  Rodríguez  5ºA




Álvaro Hermida Escuredo 5º B




Lara Pérez  Rodríguez  5ºA


Country e rock

Preme aquí    de Diego Fernández Ortiz 5ºA




Lara Pérez  Rodríguez  5ºA




Álvaro Hermida Escuredo 5º B



Rock e Funk

Preme aquí de Diego Fdez. Ortiz





Álvaro Hermida Escuredo 5º B




Lara Pérez  Rodríguez  5ºA

luns, 18 de maio de 2020

18 de maio | Día internacional dos museos




A rede de museos súmase á celebración o luns 18 de maio do Día Internacional dos Museos, que este ano pon o foco na igualdade, a diversidade e a inclusión e na celebración de actividades dixitais e en liña. Durante todas estas semanas de confinamento, estes equipamentos culturais están a desenvolver un amplo abano de iniciativas a través da campaña #aculturasegue, á que se sumarán as seguintes accións.
-----------------------------------------------------

Belas Artes: un artista en cada casa

museobelasartescoruna.xunta.gal

O Museo de Belas Artes da Coruña ten en marcha o concurso #museonacasa e #artenacasa a través das súas redes sociais. O obxectivo é poñer en valor as dotes creativas de pequenos e maiores, que deberán crear unha obra artística a partir das nove pezas propostas, procedentes da colección permanente do Museo. Pode ser unha pintura, unha fotografía, vídeo, dramatización ou mesmo unha creación gastronómica. O día 18 publicarase na web do Museo unha exposición virtual coas obras seleccionadas de entre as participantes. Así mesmo, outra das iniciativas do Museo de Belas Artes é a creación dun vídeo testemuñal con diversas voces vinculadas co Museo e cos seus fondos.

-----------------------------------------------------

Obradoiros inclusivos no CGAC

https://cgac.xunta.gal/ 

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) súmase á celebración cun obradoiro online do proxecto Aula diversa, un programa de educación artística para a integración de persoas con discapacidade no que a arte contemporánea funciona como ferramenta de inclusión social e o museo como espazo de aprendizaxe aberto ao encontro das diferenzas. Terá lugar o mércores 20 de 17,00 a 19,00 h. Ademais, o CGAC levará a cabo outros dous obradoiros online para familias nos que se explorará o traballo da artista arxentina Liliana Porter. Nestas sesións, que terán lugar o sábado 23 e o domingo 24 de 11,00 a 13,00 h., os xoguetes da casa serán os protagonistas de novas aventuras. As persoas interesadas en participar en calquera destas actividades deberán inscribirse no email cgac.educacion@xunta.gal.

-----------------------------------------------------

Concertos e monólogos en Peregrinacións

https://museos.xunta.gal/gl/peregrinacions
O Museo das Peregrinacións e de Santiago adianta a celebración do Día dos Museos e comezará coa actividade festiva nas súas redes sociais este venres ás 20,30 h. cando ofrecerá a posibilidade de facer meditación e relaxación online, en consonancia con algúns dos seus contidos expositivos que fan referencia ás culturas orientais que popularizaron estas prácticas. O sábado a partir das 17,00 h. levarase a cabo un obradoiro infantil no que os máis pequenos poderán participar nunha actividade na que realizarán creacións baseadas en animais reais ou nas súas figuracións míticas. Esta actividade estará guiada a través dunha plataforma online e para participar é preciso inscribirse previamente a través das canles do museo. Tamén o sábado ás 20,00 h. terá lugar un concerto virtual a cargo de Ensemble Egeria, un quinteto de música vocal feminino especializado en música antiga. O colofón final ás celebracións terá lugar o domingo ás 19,00 h. co monólogo do actor e dramaturgo Quico Cadaval que relatará contos e historias baseadas nas tradicións tanto do noso país como doutros que conectan co Camiño de Santiago.

-----------------------------------------------------

Museo Etnolóxico de Ribadavia

https://museos.xunta.gal/gl/etnoloxico-ribadavia
Na liña da inclusión social, o Museo Etnolóxico de Ribadavia propón unha presentación audiovisual do traballo que este equipamento vén desenvolvendo desde o inicio do confinamento con centros da terceira idade, buscando superar a fenda dixital mediante a inclusión das persoas que non teñen acceso ou non coñecen as novas tecnoloxías.
Ademais, o Museo do Viño de Galicia propón un brinde simbólico virtual baixo o lema Este brinde vai para a nosa mellor colleita. Un brinde que reunirá a representantes das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia e ás catro indicacións xeográficas protexidas.

----------------------------------------------------- 

O Museo Arqueolóxico de Ourense desde dentro

https://museos.xunta.gal/gl/arqueoloxico-ourense
Pola súa banda, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense busca achegarse ás persoas que non son público habitual do Museo a través dun vídeo nas súas redes sociais con testemuños de distintos colectivos da cidade sobre as súas necesidades ou impresións de cara ao Museo. Así mesmo, ofrecerá unha montaxe na cal o persoal de todo o museo presentarase e explicará cales son as súas tarefas no Museo. Por último, ofrecerá tamén a posibilidade de xogar a persoas de todas as idades resolvendo quebracabezas con imaxes de pezas do Museo ou da súa fachada.

-----------------------------------------------------  

Documentos históricos no Museo Massó de Bueu

https://museos.xunta.gal/gl/masso
A programación do Museo Massó de Bueu estará accesible a partir do luns e rescatará a través dunha aplicación multimedia o catálogo editado pola empresa Massó Hermanos SA en 1924. Trátase dun documento deseñado por Federico Ribas, que conta con fotografías nas que se deixa constancia das distintas fases de traballo da conserveira Massó de Bueu e que son testemuños do peso que tivo e ten a man de obra feminina na industria conserveira. Tamén se poderá ver un vídeo divulgativo realizado a partir de dito catálogo e acceder ao almanaque 2020 elaborado con fotografías sobre esta temática. Ademais, o museo pon a disposición dos internautas un quebracabezas dixital.

-----------------------------------------------------  

Lecturas sobre diversidade en Viladonga

https://museos.xunta.gal/gl/viladonga
Por último, o Museo do Castro de Viladonga levará ao seu terreo a lectura deste ano sobre a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades, partindo do Castro e do museo como lugar de diversidade cultural e inclusión de dúas culturas: a castrexa e a romana.

-----------------------------------------------------  

Arquivos e Biblioteca de Galicia

arquivo.galiciana.gal
Outros equipamentos culturais da Xunta participarán tamén na celebración desta efeméride a través de diversas actividades. Así, o Arquivo Dixital de Galicia centrará as súas publicacións en redes sociais nos museos arqueolóxicos, centros fundamentais no estudo e difusión dos achádegos que nos aproximan ao coñecemento da nosa propia historia.
O Arquivo do Reino de Galicia divulgará o proxecto de Gónzalez Villar de 1929, Edificio para Museo Provincial de Bellas Artes y Archivo Histórico de Galicia y urbanización de la Plaza del Marqués de San Martín. Pola súa banda, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense lembrará nas súas redes o papel da Comisión Provincial de Monumentos desta provincia na creación do Museo Arqueolóxico da cidade e o Arquivo Histórico Provincial de Lugo publicará o luns 18 no seu Facebook o proxecto de obra do Museo Provincial de Lugo.
Para rematar, a Biblioteca de Galicia ofrecerá o vindeiro luns un micrositio dedicado aos museos de Galicia para que os usuarios poidan coñecer os incunables que custodia o Museo Massó ou algúns dos manuscritos de temática xacobea que conserva o Museo das Peregrinacións e de Santiago. Así mesmo, a través dunha publicación na súa páxina web, a Biblioteca de Galicia achegará algunhas curiosidades na historia dos museos galegos extraídas dos fondos bibliográficos, tanto físicos como dixitais que custodia.

-----------------------------------------------------    

Visitas virtuais aos Museo de Galicia

Tamén tes a posibilidade de mergullarte de forma virtual nalgúns dos museos de Galicia. Para acceder só tes que premer na imaxe.

https://museos.xunta.gal/gl/visitas-3d-museos

  -----------------------------------------------------   

Descobre máis Museos de Galicia

https://museos.xunta.gal/gl/museos/mosaico

-----------------------------------------------------

sábado, 16 de maio de 2020

Club das lerchiñas | Contacontos en liña




Como nos gusta xuntarnos en familia na casa ao redor dunha boa historia! E se estas veñen das mellores contadoras de Galicia, xa estamos ante un deses plans de sábado a non perder!
A Cidade da Cultura bota a andar o selecto e divertido Club das Lerchiñas con creadoras ou fiadoras deses relatos que tanto nos prestan, deses que dá igual que sexas avoa, papá ou rapazada, porque te engaiolan independemente da idade que teñas e non te soltan ata escoitar o de colorín colorado, dá este conto por rematado.


-----------------------------------------------------------

Po e Xía  é un conto creado polas poetas María Lado, que se encargou da escrita, e Lucía Aldao que fixo as cancións. Con el, as escritoras queren homenaxear a todas as autoras e autores que coas súas obras converten a infancia nun territorio especial e único. Está dirixido a nenas e nenos a partir de seis anos.


----------------------------------------------------------- 

Bea Campos é actriz, narradora e directora teatral. Licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro. Dende moi nova comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e puido levar os seus contos ata o outro lado do mar, participando como o Festival de Artes Escénicas del Caribe en Colombia.

Actualmente forma parte da compañía Migallas Teatro cos espectáculos “Entre arrolos e contiños” “Contos nas orellas” “Orella Pendella” e “Contos da mesa de noite”. Tamén participa na canle de difusión de literatura infantil Kalandraka TV achegando o mundo do libro a nenos e maiores.



 

luns, 4 de maio de 2020

MOITAVISTA: "SEGURIÑOS NO COLE"


O noso centro está a participar nun programa MoitaVista, enmarcado no Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

Os obxectivos principais son:


Os obxectivos xerais propostos son os seguintes:

  • Identificar e coñecer os elementos de risco habituais na escola e na casa.
  • Distinguir as situacións de risco cotiás e entender a importancia de tomar precaucións para evitalas.
  • Adoptar procedementos seguros ante estas situacións e elementos de risco.

ERGONOMÍA INFANTIL

¿Sabías que nunha alta porcentaxe os nenos e nenas de  padecéis algún que outro problema de espalda?
Coido que sería máis que interesante coñecer algunhas pautas ou rutinas a seguir para mellorar a nosa ergonomía.
¿Pero que é a ergonomía? A ergonomía é o diseño de productos, ambientes, ou  traballos de maneira que se adapten ás
personas para mellorar a súa calidade de vida.



PREME NA IMAXE

PREME NA IMAXE


Identificación dos riscos nun espazo concreto: exemplo, na aula, na casa e adopción de medidas preventivas.





PREME NA IMAXE E VERÁS OS VÍDEOS DE NAPO


Las películas de Napo

"El mejor modo de usar Napo es pensar Napo"
La serie de películas de Napo está producida en infografía. En ellas aparecen personajes del mundo del trabajo, que tienen que lidiar con cuestiones de seguridad.
El personaje principal, Napo, y sus compañeros se expresan sin palabras. Sus historias tienen un valor educativo. Provocan preguntas y estimulan el debate en torno a aspectos específicos de la seguridad en el trabajo. A veces ofrecen soluciones prácticas o ayudan a encontrarlas.
Es en esta mezcla de educación, neutralidad cultural y humor en estilo de animación donde reside la identidad de la serie «Napo». Napo es un personaje simpático pero descuidado. Su lenguaje universal hace que las películas sean aptas para todo el mundo. Las escenas son independientes entre sí, y pueden utilizarse como una película o de forma individual.
Siendo Napo un personaje de dibujos animados, puede explorar áreas inaccesibles a otros formatos como obras de teatro o documentales. Napo es indestructible y eterno, no como los trabajadores que intentamos proteger.
PODES VER AS PELÍCULAS DE NAPO E APRENDER CON EL  SE PREMES NA IMAXE







Na Escola galega de prevención podes acceder a: Carteis. Trípticos informativos. Guía de seguridade viaria. Cómics, pasatempos, minicontos, xogos.
Preme na imaxe















LETRAS GALEGAS 2020 - VÍDEO








O prazo para facer a inscrición rematou o luns 11 de maio. En breve os alumnos/as que mostraron o seu interese en participar, recibirán o texto para facer a gravación de audio mentres o len, e mandar a gravación por Whatsapp ao móbil do cole. O texto enviarase ao correo electrónico facilitado o xoves 14 de maio.
Coas gravacións que recibamos realizaremos un vídeo con imaxe e os audios feitos por vós.
Graciñas! Apertas grandes.




LETRAS GALEGAS 2020 - ACTIVIDADES DIDÁCTICAS


Unha data destacada nos almanaques para os galegos e galegas é o 17 de maio ao celebrarse o Día das Letras Galegas. 

A Real Academia Galega decidiu facerlle homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas de 2020. 


Aínda que por motivo da pandemia COVID-19 a Real Academia Galega decidiu cambiar de forma excepcional o Día das Letras Galegas 2020 para o sábado 31 de outubro. E así quedou reflectido nalgúns medios de comunicación


https://www.laregion.es/articulo/galicia/dia-das-letras-galegas-aprazase-31-outubro/20200408171958937879.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/04/08/celebracion-do-dia-das-letras-trasladase-ao-31-outubro/00031586345464439446737.htm

http://www.crtvg.es/informativos/a-rag-adia-o-pleno-das-letras-ao-31-de-outubro

------------------------------------------------------------

Aínda que a data para a celebración do Día das Letras Galegas 2020 mudou ao 31 de outubro, publicamos un vídeo realizado polo Seminario dos Equipos de Dinamización Lª de O Barco de Valdeorras 



------------------------------------------------------------


Aquí tedes unha exposición dalgunhas actividades didácticas sobre a temática, para que non vos cause moita morriña esta data tan nosa. 


Propostas da Real Academia Galega:

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha1.pdfhttp://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha2.pdf
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha3.pdfhttp://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha4.pdf

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/2020-COLOREAR.pdfhttp://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/02/ficha0.pdf 

http://primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/interactivos/

-------------------------------------------------------------

Propostas do Seminario Galán:


http://seminariogalan.org/2020/ACT_3_ED_PRIMARIA.pdf 
http://seminariogalan.org/2020/ACTIV_5_ED_INFANTIL.pdf

http://seminariogalan.org/2020/ACTIV_6_ED_INFANTIL.pdf
http://seminariogalan.org/2020/ACT_1_ED_PRIMARIA.pdf
http://seminariogalan.org/2020/ACT_2_ED_PRIMARIA.pdf
http://seminariogalan.org/2020/ACT_3_ED_PRIMARIA.pdf
http://seminariogalan.org/2020/ACT_4_ED_PRIMARIA.pdf
http://seminariogalan.org/2020/ACT_5_ED_PRIMARIA.pdf
http://seminariogalan.org/2020/ACT_6_ED_PRIMARIA.pdf

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...