luns, 30 de xaneiro de 2023
DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ
Ao final do día, reunímonos no pavillón para conmemorar "O día da Paz". Sentámonos formando un gran lazo de cor verde, xa que tamén queríamos conmemorar "O día contra o cancro".
venres, 20 de xaneiro de 2023
MANUALIDADES SOBRE "HARRY POTTER"
Dado que a temática " Harry Potter" xera gran interese, os alumnos de 6º na sesión de plástica elaboran distintas manualidades . Mirade que chulis:
xoves, 22 de decembro de 2022
LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL
Engadimos os seguintes títulos para que poidas ler no Nadal ao quentiño. Felices Festas a Tod@s!!!!!
BO NADAL !!!
CARTAS PARA OS REIS MAGOS
Hoxe é un día moi especial, temos a visita dos Reis Magos. Por iso, os nosos alumnos/as prepararon as súas cartas con moita alegría e emoción.
OS ALUMNOS/AS DE 5ª DE E.I
venres, 16 de decembro de 2022
VERA, A GAÑADORA DO CONCURSO "XÓVENES E MAIOIRES" NA CATEGORÍA DE REDACCIÓN
O periódico "La Región", organiza un concurso de redacción dirixida aos avós e na que poden participar os alumnos/as do segundo ciclo de primaria.
Vera Rodríguez González, foi premiada cun terceiro premio pola súa carta dirixida ao seu bisavó. Unha historia moi emotiva, onde nos conta a vida tan dura do seu bisavó, que como tantos mozos, tivo que emigrar a Brasil en busca dunha vida mellor.
xoves, 15 de decembro de 2022
POSTAIS DE NADAL DE HARRY POTTER
O Nadal está a chegar, xa se poden observar as rúas, casas e árbores decorados para gozar destas datas tan sinalas. Por iso, para dar a benvida ao nadal, no centro organízanse distintas actividades como: lecturas, bailes, obras de teatro e decoración de postais, entre outras.
Así, os nosos alumnos/as de 6º decoraron as súas propias postais relacionadas con Harry. E así de chulis quedaron:
Moi bonitas!!
venres, 9 de decembro de 2022
LECTURAS RELACIONADAS CO NADAL
Cada día, os alumnos poden gozar dos libros que temos na pequena biblioteca de infantil. Pódense sentar e relaxarse nos sofás de cores ou nas cadeiras observando os diversos contos. Nestes días, a temática esta relacionada coa festividade de Nadal.
venres, 25 de novembro de 2022
25 DE NOVERMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
PROPOSTA DA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
O 25 de novembro é o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller onde se denuncia a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo.
Para conmemorar este día, decoramos os pasillos do centro con carteis de mulleres extraordinarias, mulleres que destacaron por diversas facetas ao longo da historia.
Outra proposta que se expón dende bibliteca, e dado que a temática é sobre Harry Potter, é a elaboración dun mural coa coprotagonita Hermione en representación de todas as mulleres. A actividade consta da elaboración dunha etiqueta en cartolina de cores. Cada clase, deberá escribir unha palabra na cartolina relacionada coa "NON VIOLENCIA" e despois decorala e recortala con formas.
Ao finalizar, cada unha das palabras pegaranse no noso mural de Hermione.
OS ALUMN@S DE 6º DE E.I:


.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)























.jpg)


.jpg)












